Audioloxía

Centro auditivo en Bertamirans
Sanluís Óptico-Centro auditivo é o primeiro establecemento de audioprótese de Bertamiráns (Ames).  O responsable é Antonio Sanluís, óptico-optometrista e audiólogo protésico membro da A.N.A. (Asociación Nacional de Audioprotesistas-audiólogos protésicos).

Como establecemento sanitario de audioprótese, contamos co rexistro sanitario número E-15-001252 proporcionado polo Servizo Galego de Saúde (podes ver a lista de establecementos sanitarios de audioprótese no buscador de centros da páxina web do SERGAS e acceder aos datos do noso centro auditivo na seguinte ligazón).

En Sanluís Óptico-Centro auditivo ofrecémosche un servizo integral en audioloxía: Realizámosche un exame audiolóxico completo co fin de determinar o tipo de perda auditiva e propoñer a mellor solución para o teu caso.  Posteriormente, levamos a cabo a adaptación dos audífonos (prótese auditivas) e realizamos todo o seguimento e control, coas revisións e axustes necesarios para conseguir a mellor audición posible.  Por suposto, no noso centro auditivo disporás dos consumibles e recambios necesarios para o mantemento e correcto funcionamento das túas prótese auditivas: pilas, filtros, pastillas deshumidificadoras, tubos, sprays de limpeza, etc.

QUE PODEMOS FACER POR TI?

É frustrante non poder escoitar ben como para poder disfrutar dunha charla con amigos ou coa familia.  Noutras ocasións a deficiencia auditiva impídenos realizar con eficacia as tarefas no traballo e en moitos casos o problema auditivo lévanos irremediablemente ao aillamento.  Por fortuna, os avances no ámbito da audioprótese (audífonos) foron tales nos últimos anos que se pode mellorar a calidade de vida dos pacientes con hipoacusia.

Posiblemente a solución a estes problemas sexa máis fácil do que te imaxinas, para iso en SANLUÍS ÓPTICO dispoñemos da formación e os últimos avances tecnolóxicos cos que poderemos dar cobertura á maioría dos problemas auditivos susceptibles de mellora con audífonos.  No noso Centro Auditivo de Bertamiráns poderás atopar dende os audífonos máis potentes ata os máis discretos, todos eles programables dixitalmente e en varios segmentos de prezo, dende os audífonos de alta gama, ata os audífonos de segmento social.

Por suposto, se xa tes audífonos e estes non te funcionan correctamente, pódesnolos traer á nosa óptica de Bertamiráns para reparalos, xa que dispomos dun servizo de reparación de audífonos para calquera marca do mercado actual.

¡¡ Infórmate da nosa financiación exclusiva para a compra das túas prótese auditivas !!

TAMPÓNS DE OÍDO OU PROTECTORES AUDITIVOS

Tapones de oído

Ademais dos audífonos, tamén podemos ofrecerche tapóns de oído ou protectores auditivos, ben para baño ou para ruido.

Os protectores auditivos para baño axúdannos a previr certos problemas relacionados coa humidade no oído, así como otitis, pero tamén a reducir as molestias en problemas timpánicos, por exemplo.

A hipoacusia por ruido é unha das enfermidades laborais con maior incidencia no noso país.  Unha das solucións máis efectivas son os protectores auditivos.  Estes son equipos de protección individual que, debido ás súas propiedades para a atenuación do son, reducen os efectos do ruido na audición para evitar así un dano no oído.  En SANLUÍS ÓPTICO podemos ofertar, tanto ao cliente particular como ao sector industrial, unha gama de protección auditiva a medida que satisface as necesidades da seguridade laboral nun amplo abanico de actividades.  Estes protectores feitos a medida proporcionan máis seguridade que os tapóns estándar ou os cascos e, ademais, contamos con diferentes modelos con distintos tipos de filtro dependendo das necesidades e o uso que se vaia facer deles.

¡Consúltanos sen compromiso e poderemosche ofrecer a mellor solución auditiva para o teu caso!

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252