En Bertamiráns tes a túa óptica de referencia para os teus exames visuais. SANLUÍS ÓPTICO é un dos centros ópticos que están adheridos ao convenio de colaboración do SERGAS (Servizo Galego de Saúde) co Colexio de Ópticos de Galicia. Contamos co número de Rexistro Sanitario E-15-000155 e podes acceder aos datos da óptica na seguinte ligazón.
Este acordo de colaboración, ao que denomian OLLO COS OLLOS, nace da necesidade dunha atención primaria rápida, eficaz e de calidade no que á visión se refire. “Ollo cos ollos” convírtese, así, nun programa para a promoción da visión e a prevención de problemas visuais na poboación galega.
Como CENTRO ÓPTICO CONCERTADO, realizamos os exames visuais aos pacientes derivados polo médico de cabeceira. O paciente virá cunha “INTERCONSULTA” para realizar dito exame. Durante esta INTERCONSULTA levaranse a cabo unha serie de probas protocolarizadas nas que se inclúen, ademais da medida do defecto refractivo (graduación) e da agudeza visual, o exame do campo visual central, a visión binocular, reflexos pupilares, proba de deficiencias da cor e exame do “polo anterior”.
Despois de realizar este exame visual, dentro do acordo “Ollo cos ollos”, entregaráselle ao paciente o informe pertinente e, se así o require, se lle dará solución aos posibles problemas visuais que ten. En caso de que non se lle poida dar solución considerarase ser derivado ao especialista correspondente.