En SANLUÍS ÓPTICO dispomos dunha gran colección de monturas e gafas de sol. No só te podemos ofrecer gafas de marca, senón tamén gafas baratas en liñas brancas para poder adecuarnos a todos os petos.
Na nosa óptica de Bertamiráns atoparás todas as monturas e gafas, dende modelos clásicos, ata os reto e vintage, ademais dunha ampla colección de gafas graduadas para nenos, sempre coa mellor relación calidade-prezo dentro do seu segmento.
Nós si te imos asesorar na elección das túas gafas, sobre o tipo de montura que mellor te vai e non a que nós queremos (algo básico na nosa filosofía de traballo). Para aconsellarte no tipo de montura ou gafas de sol atendemos a criterios estéticos, pero quizáis cobran máis importancia factores como: o tipo de graduación dos cristais, o uso ao que se destinan as gafas e a fisonomía de cada un. Desta forma teremos a certeza de elixir as mellores gafas para que te sexan realmente cómodas e prácticas.