Como profesionais da saúde, non sól coidamos das persoas (da súa visión), senón que cremos na importancia de coidar o noso planeta. É por isto que estamos comprometidos con minimizar o noso impacto no medio ambiente e loitar contra o cambio climático.
¿Como o facemos? Son moi variadas as tarefas que en SANLUÍS ÓPTICO levamos a cabo para reducir o impacto medioambiental debido á nosa actividade. Aínda que só sexa unha pequena parte, SANLUÍS ÓPTICO intenta aportar o seu graniño de area para solucinar este problema global que está a afectar a todo o planteta.
Estas son as medidas máis importantes que tomamos neste sentido:
-Reciclamos o papel e o cartón cando xa non o precisamos.
-Tratamos, na medida do posible, de recibir dos nosos proveedores a documentación, catálogos, informacións, ofertas, facturas, … por medio de correo electrónico, para reducir o gasto de papel.
-Utilizamos circuitos pechados de auga nos procesos de biselado das lentes para aforrar auga e evitar, ademais, verter os refugallos polos desaugadoiros.
-Siempre entregamos os nosos productos en bolsas de papel, 100% reciclables.
-Tratamos de reducir o gasto enerxético directo, utilizando lámpadas de baixo consumo e tipo “led” e aparellos de aire acondicionado tipo “inverter”.