Co comezo do bo tempo realizamos máis actividades ao aire libre e non podían ser menos as actividades acuáticas coma o buceo ou submarinismo.

Nesta ocasión propoñémoste, ademais das gafas de natación ou piscina graduadas que xa traballamos, as novas gafas de buceo graduadas.

Conscientes da importancia que ten poder aproveitar todo o que o fondo do mar nos pode proporcionar, cremos interesante dar a coñecer as gafas de buceo graduadas.  Ver ben dentro da auga é importante para poder disfrutar desta actividade acuática, pero ademais é importante para evitar os perigos que pode supoñer o feito de non ver con claridade todo o que che rodea ou incluso aos teus propios compañeiros.  Porque unha imaxe vale máis ca mil palabras…

Somos distribuidores en exclusiva para a zona das gafas de buceo graduadas da marca CRESSI, unha firma ben recoñecida polos amantes do buceo.

Dispós de varios modelos a elixir e de distintas cores.  A montura está fabricada con materiais de primeira calidade y as lentes están fabricados en vidro de alta calidade para evitar a aparición de raiaduras.  En canto ás graduacións, dicir que hai dúas versións: as gafas pregraduadas (para os casos con graduacións máis comúns) e as gafas graduadas a medida (sobre todo para casos de astigmatismos elevados ou graduacións especiais).

Xa non tes excusa para desfrutar do submarinismo, o buceo e o Snorkeling nas mellores condicións, grazas ás gafas de buceo graduadas.

¡¡ Pídenos presuposto sen compromiso !!