Esta proba é unha das máis “visuais” e divertidas, aínda que non por iso menos importante. De feito, a consideramos quizáis a máis interesantes dentro da batería de probas que te ofrecemos, porque nos da unha información moi valiosa acerca do teu sistema visual. ¡Poderás saber se posees visión estereoscópica!
A visión estereoscópica ou estereopse só se pode conseguir cando hai visión binocular, ou sexa, cando estás a ver cos duos ollos. Cando non existe estereopses non podemos ver en profundidade ou o que é o mesmo, non podemos ver en tres dimensións, de ahí a importancia desta proba.
Os estudios realizados nos últimos tempos indican que en torno a un 8% da poboación non ten estereopse ou visión estereoscópica e, destes, unha porcentaxe moi alta non o sabe. Os motivos desta falla de visión estereoscópica poden ser múltiples e inclúen dende unha ambliopía (ollo vago), a un estrabismo (incluso por pequeno que sexa), ata anisometropías (diferencias grandes de graduación entre ambos ollos) entre outros. Isto é polo que teñen tanta importancia as probas de visión binocular e estereoscópicas, xa que nos poden axudar a atopar problemas visuais non diagnosticados con anterioridade.
Aínda que nos realizamos outras probas diferentes para coñecer o estado da túa visión binocular e valorar a calidade da túa visión estereoscópica, ti podes comprobar por ti mesmo se consegues ver en 3D.
¿COMO O FACEMOS?
Por medio de ESTEREOGRAMAS (neste caso, estereogramas de puntos aleatorios). Os estereogramas son debuxos planos (en 2 dimensións) que “esconden” unha imaxe virtual en 3 dimensións que só se pode ver cando utilizamos os dous ollos dunha maneira moi concreta. Presentámoste 7 tests para que comprobes se consegues ver en tres dimensións.
Para realizar a proba tes que colocarte (coas túas gafas se as usas) a unha distancia da pantalla duns 40 ou 50 cms. Nesta posición mira ao debuxo pero trata de enfocar nun plano por detrás do debuxo. Ou sexa, se tes a pantalla a 40 cms., intenta enfocar os teus ollos como se a pantalla estivera a uns 60 cms. De feito, cando fagas isto daraste conta de que a lámina que estás a ver estase desdobrando. Continúa mirando durante uns segundos ata que pouco a pouco vai aparecendo a figura “escondida”.
Explicámolo doutra forma: Nesta proba estamos usando a converxencia e a acomodación (enfoque) de forma diferente a como o facemos normalmente. Na nosa vida cotiá o punto onde estamos mirando é o punto onde converxen os nosos ollos e ademais é o punto onde estamos enfocando. Pois ben, para conseguir ver a imaxe en 3 dimensións o punto de converxencia estará por detrás da pantalla, pero o punto onde debemos enfocar (para velo con nitidez) está no mesmo plano da pantalla.
Conseguir ver a imaxe tridimensional pode costarche un pouco, pero non desistas. Advertimoste tamén de que para algunhas persoas esta proba nno resulta fácil, precisamente debido ao que acabamos de explicar, e incluso non chegan nunca a ver esa imaxe tridimensional aínda tendo visión estereoscópica. Se ti es dos que non consegue ver a imaxe en 3 dimensións non te alarmes, pero sería interesante facerte un chequeo en profundidade da túa visión binocular.
¿Como saberás que estás vendo a figura que está “escondida”? Non te preocupes, porque esta é unha proba de todo ou nada: ou a ves ou non a ves. Se a ves terás a certeza de que tes visión estereoscópica e, polo tanto, visión binocular.
Pincha en cada MINIATURA para ver cada un dos 7 tests de visión estereoscópica ou estereogramas e … sorte!
Nota: Recomendámoste que comeces a proba pola número 3 ou a número 6, porque consideramos que son as máis fáciles de ver.
Tamén te pode interesar: Test de agudeza visual, Test de astigmatismo, Test de daltonismo, Test de campo visual. Recomendámosche un artigo que publicamos que ten relación con este tema e que che axudará a ampliar a información: problemas coas gafas 3 D.