O astigmatismo é un defecto visual moito máis común do que a xente cre e con este test de fácil realización pódese determinar se algún dos teus ollos está afectado de astigmatismo.
Este é o test que utilizaremos para realizar esta proba:

Sanluís Óptico © 2012
¿COMO O FACEMOS?
Para realizar a proba debémonos colocar a unha distancia da pantalla o máis lonxana posible. Tapámonos un dos ollos (despois farémolo co outro ollo) e observamos a figura, chamada “círculo horario” pola súa semellanza cun reloxo.
Se non hai astigmatismo ou se este é moi pequeno, veremos todas as liñas iguais, coa mesma intensidade e coa mesma definición.
Se temos algo de astigmatismo veremos unha ou dúas liñas máis marcadas ou máis definidas e as demais veranse máis borrosas, nas que incluso será difícil distinguir “as tres liñas”. Canto máis elevado sexa o astigmatismo, mellor se verá esa l.iña marcada e máis borrososas se verán as demais.
Con este test de astigmatismo, que realizamos siempre nos nosos exames visuais, pódese valorar tanto a cantidade como a orientación do astigmatismo.
Por suposto, esta é só unha das probas que se pueden facer para a detección e posterior corrección do astigmatismo. Ten en conta tamén que posiblemente as condicións nas que realices a proba non sexan as idóneas aínda que vexas todas as liñas iguais pode ser que teñas astigmatismo e viceversa.
Esta proba non é diagnóstica e non exime dun exame visual máis extenso.
Tamén te pode interesar: Test de agudeza visual, Test de daltonismo, Test de campo visual, Test de visión estereoscópica