AGUDEZA VISUAL EN VISIÓN PRÓXIMA
Ofrecémoste a posibilidade de realizar unha proba onde poderás cuantificar o nivel da túa agudeza visual de preto, ou sexa, poderás saber canto ves. Aínda que esta é unha proba que nos interesa realizar a partir dos corenta anos, momento no que comezará a presbicia ou “vista cansa”, cremos interesante incluila en todos os protocolos de graduación que levamos a cabo.
Este é o test que precisamos para realizar esta proba:
¿COMO O FACEMOS?
Ao ser unha proba onde cuantificamos a agudeza visual en visión próxima, terémonos que colocar diante da pantalla do ordenador a unha distancia duns 40 cms.
A proba farémola en monocular; ou sexa, evaluaremos primero o ollo dereito, tapándonos coa man o esquerdo e despois farémolo co outro ollo. Ademais, poderémola realizar tanto con gafas coma sen elas.
O único que debemos facer é intentar ler o texto incluido na imaxe. A liña máis pequena que consigas ler é a que indica o nivel da túa agudeza visual. Cada liña correspóndese cun nivel de agudeza visual que ven determinado pola escala da dereita.
Por exemplo, se la liña máis pequena que consegues ler é a que indica 20/40, a túa agudeza visual é do 50%. Se, por exemplo, a liña que consegues ler é a do 20/20, a túa agudeza será do 100%.
Consideracións: O test de agudeza visual que aquí incluimos ten unhas proporcións concretas e a proba está optimizada para unha resolución de pantalla de 1280×800 pixeles. Se a resolución da pantalla do teu dispositivo non é esta, os resultados xa non serían válidos. Neste caso non te será moi difícil cambiar a resolución da pantalla durante uns instantes para realizar a proba. Tamén ten en conta a calidade da pantalla que estás a utilizar, porque puede facer que o resultado sexa peor do esperado.
Esta proba non é diagnóstica e non exime dun exame visual máis extenso.
Quizais tamén te pode interesar: Test de astigmatismo, Test de daltonismo, Test de campo visual, Test de visión estereoscópica.