Poderiamos dicir que a ergonomía visual estuda a forma de conquerir a maior comodidade e eficacia dunha persoa cando realiza tarefas que implican unha esixencia visual importante.

¿Por que é tan importante a ergonomía visual?  Porque cada vez sometemos a un maior esforzo ao noso  sistema visual, ben sexa porque agora se estuda máis que hai décadas, porque se traballa máis con pantallas de ordenador ou, por exemplo, porque estamos constantemente utilizando os nosos  teléfonos móbiles e tabletas.

Ímosche dar uns consellos moi útiles que poderás poñer en práctica desde xa para mellorar a túa ergonomía visual:

1.  A ILUMINACIÓN:  Cando traballes sobre papel, é interesante que utilices unha boa luz que te ilumine a zona de traballo, pero sen que te deslumbre.  Desta forma conseguirás ver o texto con maior contraste, facilitándoche a tarefa.  É mellor utilizar unha lámpada ou flexo (colocado de maneira que non te fagas sombra co teu propio brazo) que a luz do teito que terás no teu cuarto.

2.  DISTANCIA DE TRABALLO:  ¡¡Isto é importantísimo na ergonomía visual!!  Debemos evitar o mal costume de achegarnos demasiado ao libro ou á pantalla do ordenador ou tableta.  Ao pegarnos tanto, a nosa acomodación traballa demasiado e isto fará que: nos cansemos antes, nos poida doer máis a cabeza ou provoquemos unha mala visión  lonxana temporal (miopía inducida).  Cando utilicemos ordenador de sobremesa, debemos intentar que a pantalla estea o máis baixa posible, evitando desta maneira unha exposición excesiva da conxuntiva bulbar e a sequedade, mellorando a comodidade.

3.  TEMPO DE TRABALLO:  Cando vaiamos  pasar horas diante dos libros ou as pantallas, debemos descansar cada 30 minutos, mirando o máis lonxe posible durante 1 ou 2 minutos.  Logo continuaremos coa tarefa.  Este breve descanso fará que a túa acomodación se relaxe e evitamos o espasmo acomodativo, que podería producir unha miopía temporal.

4.  POSTURA DE TRABALLO:  Ás  recomendacións de sempre (espalda recta e apoiada no respaldo da cadeira, e pés tocando no chan) debemos engadir unha sumamente interesante, sobre todo cando se estuda sobre papel, que é a utilización de atriles para estudo.  Isto fai que o plano do papel estea perpendicular ao eixe de visión, facilitando o traballo.

5.  UNHA VISIÓN CORRECTA:  Unha boa corrección óptica é indispensable para realizar tarefas de visión próxima de forma cómoda e eficaz.  En moitas ocasións, pequenos astigmatismos ou hipermetropías mal diagnosticadas poden causar moitas molestias que teñen moi fácil solución.

Antonio M. Sanluís
Óptico-optometrista col. mún. 12989

É importante que estes hábitos se tomen a idades moi temperás, por iso non dubides en compartir este pequeno artigo sobre ergonomía visual cos que son papás e con todos os que, por traballo ou estudo, pasan horas traballando a pouca distancia.