En Sanluís Óptico tratamos de ofrecerche sempre as últimas novidades no sector. Nesta ocasión falámosche do novo tratamento anti-reflexante para lentes: CRIZAL FORTE UV.
O FACTOR DE PROTECCIÓN SOLAR PARA OS TEUS OLLOS: E-SPF
O Factor de Protección Solar para os ollos é un índice que expresa a protección total que teñen as túas lentes (protección para os teus ollos e a pel do redor).
Cun E-SPF de 25, Crizal Forte UV é a única lente que alcanza o máximo nivel de protección na categoría de lentes transparentes e para lentes con color ou polarizadas, o E-SPF alcanza os 50+.
Pero ti preguntarás…¿qué danos me pode producir a radiación ultravioleta? Pois ímosche dar datos concretos sobre os seus perigos:
-Os raios UV teñen un efecto acumulativo e a miúdo irreversible.
-A parte da pel, o ollo é o órgano que máis probabilidade ten de sufrir danos polos raios UV.
-Cada ano 15 millóns de persoas no mundo quedan cegas por cataratas, das cales o 20% pode ser causada ou agravada polos raios UV.
-O 90% do cancro de pel aparece na zona cara-pescozo e entre un 5% e un 10% ao redor do ollo.
-Acelera o avellentamento da pel e provoca enrugas.
-O 90% do avellentamento prematuro é visible na pel do redor dos ollos.
-O 40% dos raios UV chéganos cando non estamos a plena luz do sol.
-As fontes artificiais de luz (lámpadas fluorescentes e equipos técnicos) producen un 7% de radiación UV.
-Os nenos están máis expostos aos raios UV, porque a súa exposición ao sol é 3 veces superior á dun adulto.
Deixámosche un pequeño vídeo con estas explicacións:
Recorda que xa tes dispoñible este novedoso tratamento en diferentes tipos de lentes na nosa óptica en Bertamiráns.