Garantía de adaptación en lentes

Ademais da seguridade que te ofrecemos ao incluir un seguro de rotura para cristais na compra das túas gafas graduadas, imos darte tamén unha garantía total de adaptación en lentes progresivas.

En SANLUÍS ÓPTICO somos conscientes de que as lentes progresivas requieren dun período de adaptación e que non todo o mundo pode lograr.  Seguro que tes algún amigo ou coñecido que non se adaptou coas súas gafas progresivas e que as ten literalmente “tiradas” no caixón da súa mesiña de noite, ¿verdade?

Pois ben, en SANLUÍS ÓPTICO o porcentaje de éxito en adaptación de lentes progresivas supera o 95% dos casos.  ¿Por que?  Porque non vendemos estas lentes a todo o mundo polo simple fieto de ser máis caras.  Sabemos que as gafas con lentes progresivas, aínda que teñen indubidables vantaxes, non sempre son a mellor opción e nós non te vendemos o que queremos, senón o que TI precisas.  Por iso só ofrecemos e recomendamos este tipo de gafas ao que realmente as necesita e lles vai sacar partido.  Para isto atendemos a criterios ópticos, por suposto, pero tamén a criterios físicos, ademias de ter en conta o uso que se lle vai dar ás gafas: tarefas cotiás, traballo, deportes, etc.

Como traballamos principalmente cos dous fabricantes máis importantes do noso país, IndoEssilor, estamos completamente seguros de conseguir un resultado óptimo na túa adaptación.  Aínda sendo a porcentaxe de “non adaptación” tan baixa, ofrecémoste igualmente esta garantía de forma gratuita en toda a nosa gama de lentes progresivas, tanto nas lentes de gama alta como nas máis básicas.

¿Qué significa isto?  Esta garantía de adaptación, que realmente deberíamos chamar garantía de satisfacción, quere dicir que os cartos que invirtes na compra dunhas lentes progresivas non o vas perder no suposto caso de que non consigas adaptarte a elas.  Despois de evaluar os motivos da “inadaptación” ofreceremoste unha alternativa mediante outro tipo de lentes ou outras gafas, ou sexa, canxeámoste as túas lentes progresivas por outros productos que che solucionen o teu problema visual.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252