Exames visuais

Os exames visuais ou graduación da vista e todo o que ten que ver coa optometría forman o núcleo da nosa filosofía de empresa.

A diferenza doutros centros, en Sanluís Óptico os exames visuais non están cronometrados: ás veces lévase a cabo un exame visual completo en 20 minutos e noutras ocasións son necesarios 40 minutos.  O tempo que se invirte no exame vai depender do problema visual do paciente, da súa idade, nivel de agudeza visual, etc.

Durante o exame realizaranse TODAS as probas necesarias para conseguir un diagnóstico preciso do defecto visual para, desta forma, atopar a mellor solución aos problemas que refire o paciente, ben sexa con gafas, lentillas ou calquera outra axuda visual.  No caso de non poder dar solución, considerarase ser derivado ao médico especialista que corresponda.

En Sanluís Óptico temos experiencia en optometría pediátrica e examinamos a nenos de todas as idades.  Tamén valoramos ás persoas de idade avanzada (optometría xeriátrica) con tests específicos e realizamos probas especiais a persoas con deficiencias psíquicas, parálises cerebrais, etc.

Ademais, temos certificación da División de Asistencia Sanitaria do SERGAS (Servizo Galego de Saúde) para realizar os exames visuais dentro do convenio de colaboración co Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia.  Este convenio, denominado OLLO COS OLLOS, é un programa para a promoción da visión e a prevención de problemas visuais na poboación galega, que está vixente dende 2007.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252