Convenio SERGAS

En Bertamiráns tes a túa óptica de referencia para os teus exames visuais.  SANLUÍS ÓPTICO é un dos centros ópticos que están adheridos ao convenio de colaboración do SERGAS (Servizo Galego de Saúde) co Colexio de Ópticos de Galicia.  Contamos co número de Rexistro Sanitario E-15-000155 e podes acceder aos datos da óptica na seguinte ligazón.

Este acordo de colaboración, ao que denomian OLLO COS OLLOS, nace da necesidade dunha atención primaria rápida, eficaz e de calidade no que á visión se refire.  “Ollo cos ollos” convírtese, así, nun programa para a promoción da visión e a prevención de problemas visuais na poboación galega.

Como CENTRO ÓPTICO CONCERTADO, realizamos os exames visuais aos pacientes derivados polo médico de cabeceira.  O paciente virá cunha “INTERCONSULTA” para realizar dito exame.  Durante esta INTERCONSULTA levaranse a cabo unha serie de probas protocolarizadas nas que se inclúen, ademais da medida do defecto refractivo (graduación) e da agudeza visual, o exame do campo visual central, a visión binocular, reflexos pupilares, proba de deficiencias da cor e exame do “polo anterior”.

Despois de realizar este exame visual, dentro do acordo “Ollo cos ollos”, entregaráselle ao paciente o informe pertinente e, se así o require, se lle dará solución aos posibles problemas visuais que ten.  En caso de que non se lle poida dar solución considerarase ser derivado ao especialista correspondente.

Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2018
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252