Lentes oftálmicas

Se hai algo verdadeiramente importante no mundo da óptica é, sen dúbida, AS LENTES ou CRISTAIS.  Por tal motivo en SANLUÍS ÓPTICO temos como prioridade traballar coas mellores empresas no ámbito da fabricación e deseño de lentes oftálmicas para as túas gafas graduadas ou gafas de sol.

OS MATERIAIS

Para as túas gafas graduadas ou de sol poderás contar con todo tipo de materiais, dende as lentes de vidro máis básicas, ata os “materiais plásticos” de última xeneración cos que se conseguen as lentes máis delgadas e resistentes do mercado.

OS TRATAMENTOS

Os xa coñecidos tratamentos anti-reflexantes son unha constante na nosa política de calidade visual e por iso as nosas lentes teñen os tratamentos máis novedosos que os nosos clientes demandan.  Os mellores anti-reflexantes levan incluídos tratamentos de fácil limpeza e anti-raiados, que proporcionan esa dureza extra sempre necesaria nas lentes orgánicas.  Tamén dispoñemos das lentes optifog, co seu exclusivo tratamento anti-néboa e as lentes Crizal UV, coa máxima protección ultravioleta.

OS FILTROS

En SANLUÍS ÓPTICO podes atopar todo tipo de filtros.  Non soamente as lentes de sol habituais, senón filtros específicos coma os polarizados, os fotocromáticos ou os filtros para deficiencias visuais e filtros para a prevención de problemas retinianos tales como as Lentes con CSR (Certificado de Seguridade Retiniana) ou o tratameento Energy, exclusivo de INDO.

AS PROGRESIVAS

Posiblemente é o campo onde máis desenrolo se produciu nos últimos anos.  Traballamos con todo tipo de lentes progresivas, dende as máis económicas e básicas ata as lentes personalizadas e de tallado dixital, coma poden ser as lentes Freemax de Indo, todo elo en función das necesidades e requisitos de cada cliente.

OS FABRICANTES DE LENTES OFTÁLMICAS COS QUE TRABALLAMOS:

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252