Lentes de contacto

Sen lugar a dúbidas, un dos grupos de máis crecemento actualmente é o das lentes de contacto ou lentillas.  En SANLUÍS ÓPTICO preocúpanos estar ao día en todo o referente a este tipo de productos e por iso podémosche ofrecer a lente de contacto que mellor se adapte ás túas necesidades en calquera tipo de material, deseño e réxime de uso.

TIPOS DE MATERIAIS

Na nosa óptica poderás atopar lentillas cos distintos materiales utilizados no mercado.  Traballamos con materiais convencionais e cos novos materiais de Hidroxel-silicona, sempre en función do tipo de adaptación, réxime de uso, particularidades fisiolóxicas do paciente, etc.  Aínda que o seu uso está menos estendido, non nos olvidamos dos usuarios de lentes de contacto ríxidas e permeables: realizamos adaptacións de lentes de contacto “duras” con distintos materiais, mesmo específicas para astigmatismo (lentillas tóricas).

DESEÑOS DE LENTES

En SANLUÍS ÓPTICO traballamos calquera deseño de lentillas, dende as lentes esféricas convencionais, pasando polas de deseño asférico (para aumentar a calidade de visión), ata as lentes de contacto tóricas (específicas para astigmatismo).  Non nos olvidamos dos présbitas (aqueles con problemas tamén de visión próxima), por iso traballamos lentes de contacto de deseño multifocal ou lentillas progresivas.  Realizamos tamén adaptacións en casos de queratoconos ou astigmatismos irregulares e adaptacións para reducir a miopía (ortoqueratoloxía).  ¡Xa ves!, en Bertamiráns podes atopar as lentillas que precisas.

RÉXIMES DE USO

Poderemos adaptarte calquer tipo de lentilla para o réximen de uso que desexes.  Neste senso, os tipos máis utilizados son: lentes de contacto diarias (de un só uso), semanais ou quincenais, de reemprazo mensual (as máis estendidas) e as convencionais (ou anuais).  O tipo de réxime de uso sempre estará en función do tipo de graduación do paciente, parámetros oculares e necesidades.

Non te preocupes se a túa graduación se sae do común, porque en SANLUÍS ÓPTICO poderemos conseguir calquera tipo de graduación nunhas lentes de contacto, por elevada que sexa.

LENTES DE CONTACTO COSMÉTICAS E PROTÉSICAS

Tamén temos un oco para os máis atrevidos, xa que dispomos de lentillas de cor ou cosméticas.

Dispós dunha variedade ampla de lentillas de cor: lentillas de cor de reemprazo diario, lentillas de cor mesuais para miopía, hipermetropía e incluso para astigmatismo, etc.  Poderás probarte lentillas de distintas cores para ver cál te senta mellor.

E para os que isto non sexa suficiente …  lentillas de fantasía brancas, vermellas, ollo de gato, etc) para ocasións especiais como poden ser: despedidas de solteiro/a, festas de disfraces, día das meigas, fin de ano, etc.

Tamén contamos cun servizo de lente protésica para mellorar, non soamente a estética, senón a funcionalidade daqueles con algún tipo de patoloxía ocular que poida causar cicatrices corneais, aniridias, coloboma de iris, etc.  A adaptación deste tipo de lentes de contacto pode mellorar en moitos casos a agudeza visual e, por suposto, a autoestima do paciente ó verse mellorada a súa estética.

OS FABRICANTES COS QUE TRABALLAMOS:

Estes son algúns dos fabricantes de lentes de contacto cos que traballamos, aínda que por suposto podémoste servir lentillas de calquer outro fabricante.

SOLUCIÓNS DE MANTEMENTO

Na nosa óptica podes atopar todo tipo de solucións de mantemento ou líquidos para lentillas de distintos fabricantes para as túas lentes de contacto: dende as xa universais solucións únicas, pasando polos peróxidos, xabóns específicos para lentes ríxidas e gas permeables, pastillas enzimáticas, colirios monodosis sen conservantes, etc.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252