Gafas de protección graduadas

Hoxe en día as empresas están obrigadas por lei a facilitar aos seus traballadores os medios de protección necesarios en cada posto de traballo.  As empresas que non cumpran coas normas arríscanse a importantes sancións por parte da administración.

Según certos estudos, en torno ao 25% dos traballadores das fábricas necesitan gafas de protección ocular; destes, o 50% necesitan lentes correctoras para desempeñar a súa tarefa correctamente.

En SANLUÍS ÓPTICO tratamos de cubrir estas necesidades a todos os nosos clientes, tanto no eido particular como en empresa.

Dispomos dunha gama completa de equipos de protección ocular e os fabricantes cos que traballamos, ademais da garantía que nos merecen, cumpren coa normativa europea de referencia para a protección ocular .

¿Precisas que as túas gafas de protección estean graduadas?  Se este é o teu caso, non hai problema.  En función da graduación e do tipo de traballo que realices avaliaremos o nivel de protección ocular que necesitas e poderémoste ofrecer dende uns simples monofocais para visión próxima ata lentes progresivas para ver a diferentes distancias.   ¡Así de fácil é ter as túas gafas de protección graduadas!

Quizáis che poida interesar: Gafas deportivas graduadas

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252