Resultábanos moi interesante facer un pequeno artigo sobre o uso das gafas 3D, debido ao avance desta tecnoloxía nos últimos tempos.  Nunha sociedade coma a nosa onde o ocio con tecnoloxías de proxección 3D cobra tanto interés, faise case imprescincible ter unha visión estereoscópica de calidade.

Primeiro explicámosche de forma rápida en qué consiste a visión en tres dimensións e cómo funcionan as gafas que se utilizan para ver as películas 3D en cines e nos novos televisores 3D.

Visión en tres dimensións:  Nós vemos en tres dimensións, ou sexa, temos visión en relevo ou en profundidade, debido a que vemos con dous ollos.  Un mesmo obxecto  vémolo de forma un pouco diferente cun ollo e co outro.  O cerebro recibe esas dúas imaxes “parecidas” e xúntaas para que se vexan coma unha soa.  Isto axúdanos a calcular as distancias, de aí que tamén a chamemos visión en profundidade ou en relevo.

¿Como funcionan as gafas 3D no cine?  O concepto é similar ao da visión do ser humano.  A imaxe da película está “duplicada” e coas gafas o que se consegue é ver unha das imaxes cun dos ollos e ver a outra imaxe co outro ollo.  Despois, o cerebro fai o seu traballo e funde esas dúas imaxes parecidas coma unha soa.

Para dar a sensación de que un obxecto está máis preto ou máis lonxe, xógase coas distancias entre as dúas imaxes: canta máis distancia hai entre as dúas imaxes, máis cerca nos parecerá que está o obxecto.  ¡Así de fácil!

¿SABÍAS QUE NON TODO O MUNDO PODE VER UNHA PELI EN 3 DIMENSIÓNS?

Calcúlase que ao redor dun 8% da poboación non ten visión estereoscópica, ou sexa, non pode ver en relevo.  Isto pode deberse a estrabismos non diagnosticados, ambliopías (ollo vago), anisometropías (diferenzas grandes de graduación entre ámbolos ollos), etc.  Ademais, unha porcentaxe moi alta destas persoas non o sabe.

É por este motivo polo que hai persoas que anque se poñan unhas gafas 3D, nunca poderán ver no cine unha película en 3 dimensións.  Se tes problemas para ver as películas en 3D no cine ou no televisor, ponte en contacto con nosoutros para realizarche un exame visual completo e poder diagnosticar o teu problema visual.

Se queres completar esta información invitámoste a que visites a sección Test de visión estereoscópica, onde poderás comprobar por ti mesmo o nivel da túa visión estereoscópica.

Antonio M. Sanluís
Óptico-optometrista col. núm. 12989

Se este artigo te resulta interesante, non dubides en compartilo.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn