Poderiamos dicir que a OPTOMETRÍA é unha disciplina científica que prevén, detecta e soluciona problemas visuais, centrando o seu obxectivo en conseguir o máximo rendemento visual coa mínima fatiga.

Dentro desta ciencia, a optometría pediátrica é a que máis nos interesa debido á súa meirande repercusión.  O motivo é que os problemas visuais nun neno van condicionar o seu desenvolvemento e aprendizaxe e acompañarano durante toda a súa vida se non se resolven a tempo.

¿COMO AFECTAN OS PROBLEMAS VISUAIS SE NON SE DETECTAN A TEMPO?

1.  Estéticamente: Por exemplo, por estrabismos (cando o teu fillo vira un ollo) ou nistagmus non tratados.

2.  Dificultade na aprendizaxe, xa que a visión é, quizais, unha das canles máis importantes de entrada de información no neno.

3.  Aparición de ambliopía (ollo vago), que se non se detecta a tempo coa optometría pediátrica será difícil de recuperar.

4.  Perda de visión binocular e estereoscópica, impedindo ver en 3 dimensións.  Isto ten como consecuencia a imposibilidade de conseguir certos traballos, tales coma: condución de camións, autobuses, taxis, ambulancias ou de bombeiros, restrición en permisos de armas (seguridade privada), traballar coma bombeiro, etc.  Ademais, a falta de estereopse dificultará en profesións con gran nivel de responsabilidade ou risco, como poden ser: pilotos de avión ou de navíos, cirurxiáns, controladores de grúas, etc.  Mesmo será imposible realizar tarefas tan comúns hoxe en día como poden ser: o uso de simuladores 3 D, ver películas en 3 D, …

Queremos facer fincapé neste punto xa que nunha sociedade coma a actual, na que tanto a seguridade vial coma o ocio con tecnoloxías de proxección 3D cobran tanto interés, é fundamental a evaluación da visión estereoscópica.

Podes ampliar a información sobre visión binocular e estereoscópica na sección Test de visión estereoscópica e co artigo Problemas coas gafas 3 D.

SIGNOS QUE NOS FARÁN SOSPEITAR DA EXISTENCIA DUN PROBLEMA VISUAL:

Xeralmente os signos aparecerán asociados a tarefas coma escritura e lectura.  Os máis típicos son: virar un ollo ou pechalo, pestanexar en exceso, esbagulleo e ollos encarnados.

Ademais, o neno pode presentar durante a lectura/escritura: dificultade para manter a atención, mover moito a cabeza ou inclinala sobre un ombreiro, pérdese ao ler, necesita un dedo para non perderse, pode confundir palabras e repetir letras, …

SÍNTOMAS TÍPICOS QUE REFIRE O NENO CON PROBLEMA VISUAL:

  1. Cansanzo despois de facer tarefas que necesitan unha atención visual importante.
  2. Picor de ollos cando se realizan tarefas en visión próxima.
  3. Dor de cabeza asociado a esforzo visual.
  4. En ocasións pode referir visión dobre ou borrosa.
  5. Sensación de que as letras se moven cando le.

Antonio M. Sanluís
Óptico-optometrista col. mún. 12989

Se o teu fillo/a presenta algún dos signos e síntomas que che acabamos de amosar, non perdas nin un segundo e tráeo a Sanluís Óptico para facerlle un exame visual completo.  Despois do exame visual, en caso de necesitalo, daráselle solución aos problemas visuaies ou, se fose necesario, derivarase ao especialista que corresponda.