Lentillas para frear a miopía

A miopía é un defecto visual que está tomando dimensións desproporcionadas nas últimas décadas nos países desenvolvidos e, a día de hoxe, poderiamos considerala unha epidemia.

A utilización de dispositivos electrónicos a idades cada vez máis tempranas, así coma uns hábitos de vida cada vez máis ligados ao uso da visión próxima, están a provocar un aumento da incidencia da miopía.

Debido a todo isto, as investigacións no ámbito da contactoloxía estanse centrando no control da miopía e en buscar formas de ralentizar a progresión desta.

De estes estudos nace ESENCIA, unha lente de contacto que ten por finalidade reducir o aumento das miopías en evolución na poboación infantil. Son unhas lentes de contacto brandas de uso diario (non se durme con elas) que se utilizan do mesmo xeito que as lentes de contacto clásicas e están pensadas para poder ser utilizadas a partires dos 6 anos de idade (ainda que vai depender de varios factores). A forma en que ESENCIA reduce esta progresión da miopía débese a que induce un desenfoque na zona periférica da retina do paciente, inhibindo o estímulo que fai que o ollo se vaia elongando (creceendo) en sentido lonxitudinal; desta forma, a miopía crecerá máis lentamente e en menor cantidade.

A adaptación deste tipo de lentillas para frear a miopía é totalmente personalizada, xa que se teñen en conta parámetros como a graduación do paciente, a curvatura da córnea ou o diámetro da pupila.

Se queres que che informemos sobre como realizamos este tratamento, non dubides en poñerte en contacto con nós e estaremos encantados de explicarche como o levamos a cabo.