LENTES CON CERTIFICADO DE SEGURIDAD RETINIANA (CSR):

Segundo os últimos estudos/experimentos realizados pola Universidade Complutense de Madrid, demostrouse que a exposición á  luz violeta e azul provoca danos na retina, aumentando a porcentaxe de células retinianas danadas.  O tecido da retina non se rexenera e os danos a nivel interno do globo ocular causados pola fototoxicidade da luz teñen carácter acumulativo (o dano prodúcese durante toda a vida) e poden chegar a provocar Dexeneración Macular Asociada á Idade (DEMAE).  A DEMAE é a causa máis común de cegueira legal en persoas de máis de 50 anos nos países occidentais.

CÁLES SON AS FONTES QUE EMITEN ESTA LUZ AZUL DANIÑA?

Poden ser tanto fontes naturais (luz solar directa e indirecta) coma fontes artificiais: televisores, smartphones, tablets, ordenadores, fluorescentes e luces led.  Imaxínaste cántas horas ao ano pasas vendo o teu teléfono móbil, tableta ou diante do ordenador?

CÓMO PODEMOS EVITAR ESTES DANOS NA RETINA?

Grazas aos lentes con filtro CSR.  Son lentes protectores contra os efectos fototóxicos provocados pola luz sobre a retina.  A finalidade destes lentes é a de bloquear ou filtrar a luz azul daniña e evitar que chegue ata a nosa retina, escapando do consecuente dano celular.  Os lentes con Certificado de Seguridade Retiniana son os únicos do mercado que teñen un fundamento científico demostrado que avala e certifica o seu carácter protector.  Tanto é así que posúen o seu propio Número de Patente Nacional: ES- 2257976 B2.

VANTAXES DOS LENTES CSR.

A aplicación dos lentes CSR fornece dous tipos de protección:

– A curto prazo ou FUNCIONAL, proporcionando inmediatamente unha mellora do contraste, menos fatiga visual e unha mellora da profundidade espacial, ademáis de reducir a sensibilidade ao deslumbramento.  É un lente ideal para todos aqueles que, ben por traballo ou por diversión, pasan horas diante do ordenador, tablets, smartphones,…

– A longo prazo ou ESTRUCTURAL porque absorbe a luz daniña para a retina, reduce o proceso neuro-dexenerativo no sistema visual e protexe a retina da CEGUEIRA EVITABLE.

Resumindo: os lentes CSR diminúen o risco de DMAE por efecto da luz violeta e azul e dos raios UV, á vez que proporcionan unha visión con mellor contraste.

En Sanluís Óptico xa dispoñemos dos lentes oftálmicos con filtro CSR.  Este filtro protector pódese incluir nunha ampla gama de lentes, sempre en material plástico, que abrangue desde os monofocais ata os progresivos e bifocais, todos eles cun prezo moi competitivo.  En función do tipo de protección necesario e tipo de iluminación no que se vaian utilizar,  poderemos ofrecerche 3 tipos de filtros diferentes.

Proba do interés que suscitan estes novas lentes, é a seguinte noticia emitida por un informativo de La Sexta:

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn