A NOSA FILOSOFÍA

Cando falamos dunha óptica, automaticamente pensamos en … ¡GRADUACIÓN DA VISTA!  É certo que os exames visuais e todo o relacionado coa optometría (que para iso somos ópticos-optometristas) deberían ser o aspecto máis importante dun centro óptico, pero … non sempre sucede así.

Moitas ópticas están máis interesadas en vender si ou si, que en prestar un servicio á comunidade tan importante como é o coidado da visión e todo o que isto implica.  Moias delas teñen como única finalidade a venta e deixan de lado o que cremos que é a función principal dunha óptica: detección e solución de problemas visuais.

Non nos engañemos, SANLUÍS ÓPTICO tamén vive dea venta de gafas graduadas, de gafas de sol, de lentillas, etc., pero con outra filosofía.  Nós cremos que esas ventas sempre chegan cando o cliente/paciente se marcha da nosa óptica coa sensación de ter recibido unha atención personalizada e profesional, sen necesidade de forzar as ventas nin bombardear con “pseudo ofertas”.

¿De que sirve “forzar” á xente vendéndolle productos que non son a mellor opción polo simple feito de ser máis caros?  Nós pensamos que non serve para nada.  Bueno … realmente serve para algo, para que o cliente/paciente quede descontento, non volte pola óptica e, o que é peor, fale mal de nós aos seus familiares e coñecidos.  E é certo o que se di: “Costa moito facer un cliente, pero é moi doado perdelo”.

A forma de traballo de SANLUÍS ÓPTICO é ofrecer a cada persoa a mellor solución posible, dentro das posibilidades de cada un.

Nós cremos firmemente na idea de que o mellor cliente é o que está ben informado, non o que se gasta máis “pasta”.  Por iso, á hora de realizar a compra, ademais de aconsellarte, tratamos de informarte explicándote as distintas opcioóns posibles, coas súas vantaxes e inconvintes.  Canta máis información… mellor, ¿non?

En Bertamiráns tes unha óptica diferente onde podes ir “cos ollos pechados”.  Si, sabemos que isto é moi doado decilo, pero non somos nós quenes o dicimos, senón os noso propios clientes.

Pola confianza, o trato, a atención, o servicio, o producto, a profesionalidade e algo máis, Sanluís Óptico é o teu centro óptico.  E como reza o noso slogan: “Ver a vida cunha óptica diferente”.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252