COIDAMOS DO MEDIO AMBIENTE

Como profesionais da saúde, non sól coidamos das persoas (da súa visión), senón que cremos na importancia de coidar o noso planeta.  É por isto que estamos comprometidos con minimizar o noso impacto no medio ambiente e loitar contra o cambio climático.  

¿Como o facemos?  Son moi variadas as tarefas que en SANLUÍS ÓPTICO levamos a cabo para reducir o impacto medioambiental debido á nosa actividade.  Aínda que só sexa unha pequena parte, SANLUÍS ÓPTICO intenta aportar o seu graniño de area para solucinar este problema global que está a afectar a todo o planteta.

Estas son as medidas máis importantes que tomamos neste sentido:

-Reciclamos o papel e o cartón cando xa non o precisamos.

-Tratamos, na medida do posible, de recibir dos nosos proveedores a documentación, catálogos, informacións, ofertas, facturas, … por medio de correo electrónico, para reducir o gasto de papel.

-Utilizamos circuitos pechados de auga nos procesos de biselado das lentes para aforrar auga e evitar, ademais, verter os refugallos polos desaugadoiros.

-Siempre entregamos os nosos productos en bolsas de papel, 100% reciclables.

-Tratamos de reducir o gasto enerxético directo, utilizando lámpadas de baixo consumo e tipo “led” e aparellos de aire acondicionado tipo “inverter”.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252