Test de visión estereoscópica

Esta proba é unha das máis “visuais” e divertidas, aínda que non por iso menos importante.  De feito, a consideramos quizáis a máis interesantes dentro da batería de probas que te ofrecemos, porque nos da unha información moi valiosa acerca do teu sistema visual.  ¡Poderás saber se posees visión estereoscópica!

visión estereoscópica ou estereopse só se pode conseguir cando hai visión binocular, ou sexa, cando estás a ver cos duos ollos.  Cando non existe estereopses non podemos ver en profundidade ou o que é o mesmo, non podemos ver en tres dimensións, de ahí a importancia desta proba.

Os estudios realizados nos últimos tempos indican que en torno a un 8% da poboación non ten estereopse ou visión estereoscópica e, destes, unha porcentaxe moi alta non o sabe.  Os motivos desta falla de visión estereoscópica poden ser múltiples e inclúen dende unha ambliopía (ollo vago), a un estrabismo (incluso por pequeno que sexa), ata anisometropías (diferencias grandes de graduación entre ambos ollos) entre outros.  Isto é polo que teñen tanta importancia as probas de visión binocular e estereoscópicas, xa que nos poden axudar a atopar problemas visuais non diagnosticados con anterioridade.

Aínda que nos realizamos outras probas diferentes para coñecer o estado da túa visión binocular e valorar a calidade da túa visión estereoscópica, ti podes comprobar por ti mesmo se consegues ver en 3D.

¿COMO O FACEMOS?

Por medio de ESTEREOGRAMAS (neste caso, estereogramas de puntos aleatorios).  Os estereogramas son debuxos planos (en 2 dimensións) que “esconden” unha imaxe virtual en 3 dimensións que só se pode ver cando utilizamos os dous ollos dunha maneira moi concreta.  Presentámoste 7 tests para que comprobes se consegues ver en tres dimensións.

Para realizar a proba tes que colocarte (coas túas gafas se as usas) a unha distancia da pantalla duns 40 ou 50 cms.  Nesta posición mira ao debuxo pero trata de enfocar nun plano por detrás do debuxo.  Ou sexa, se tes a pantalla a 40 cms., intenta enfocar os teus ollos como se a pantalla estivera a uns 60 cms.  De feito, cando fagas isto daraste conta de que a lámina que estás a ver estase desdobrando.  Continúa mirando durante uns segundos ata que pouco a pouco vai aparecendo a figura “escondida”.

Explicámolo doutra forma:  Nesta proba estamos usando a converxencia e a acomodación (enfoque) de forma diferente a como o facemos normalmente.  Na nosa vida cotiá o punto onde estamos mirando é o punto onde converxen os nosos ollos e ademais é o punto onde estamos enfocando.  Pois ben, para conseguir ver a imaxe en 3 dimensións o punto de converxencia estará por detrás da pantalla, pero o punto onde debemos enfocar (para velo con nitidez) está no mesmo plano da pantalla.

Conseguir ver a imaxe tridimensional pode costarche un pouco, pero non desistas.  Advertimoste tamén de que para algunhas persoas esta proba nno resulta fácil, precisamente debido ao que acabamos de explicar, e incluso non chegan nunca a ver esa imaxe tridimensional aínda tendo visión estereoscópica.  Se ti es dos que non consegue ver a imaxe en 3 dimensións non te alarmes, pero sería interesante facerte un chequeo en profundidade da túa visión binocular.

¿Como saberás que estás vendo a figura que está “escondida”?  Non te preocupes, porque esta é unha proba de todo ou nada: ou a ves ou non a ves.  Se a ves terás a certeza de que tes visión estereoscópica e, polo tanto, visión binocular.

Pincha en cada MINIATURA para ver cada un dos 7 tests de visión estereoscópica ou estereogramas e … sorte!

 

 

 

Nota: Recomendámoste que comeces a proba pola número 3 ou a número 6, porque consideramos que son as máis fáciles de ver.

Tamén te pode interesar: Test de agudeza visual, Test de astigmatismo, Test de daltonismo, Test de campo visual.  Recomendámosche un artigo que publicamos que ten relación con este tema e que che axudará a ampliar a información: problemas coas gafas 3 D.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252