Test de daltonismo

DALTONISMO é unha deficiencia visual moito máis común do que a xente cre.  No que consiste este defecto xenético é na imposibilidade de distinguir algunhas cores (discromatopsia).  Este problema xenético é hereditario e pola forma en que se transmite fai que o daltonismo predomine máis en homes que en mulleres.  De feito, calcúlase que entre un 8% e 10% da poboación masculina padece esta deficiencia, fronte a só un 0,5% das mulleres.

Debido á prevalencia deste problema, en SANLUÍS ÓPTICO cremos interesante incluír este test de daltonismo de fácil realización.

Esta é unha das láminas de Ishihara que utilizaremos para realizar a proba:

¿COMO O FACEMOS?

A realización deste test de daltonismo é moi sixela: somentes debes colocarte diante da pantalla, a uns 50 ou 60 centímetros, tapándote un dos teus ollos e tratar de identificar que número se “esconde” en cada círculo.

A resposta correcta sería: 25-29-56-45-6-8.

En caso de que non acertaras algún dos seis números, poderías ter algún defecto relacionado coa visión das cores.  Se esta é a túa situación, ademais de realizar este test de daltonismo, deberías realizarte un exame visual máis en profundidade.

Esta proba non é diagnóstica e non exime dun exame visual máis extenso.

Tamén te pode interesar: Test de agudeza visual, Test de astigmatismo, Test de campo visual, Test de visión estereoscópica

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252