Test de campo visual

Ofrecémoste a posibilidade de evaluar o estado do teu campo visual central por medio dun test de fácil realización.  Esta prueba realízase coa Rejilla de Amsler e con ela podemos, dunha forma rápida e sinxela, evaluar a túa vista e detectar os primeiros síntomas dunha posible alteración da zona central da retina.

Este é o test que utilizaremos para realizar esta proba:

Sanluís Óptico © 2012

 

¿POR QUE?

Porque é unha proba moi útil para detectar cambios cedos no centro da retina que doutra maneira pasarían desapercibidos.  Estas alteracións na zona central da retina pódense dar en diabéticos, miopes altos ou incluso en certos casos de glaucoma, pero sobre todo na Dexeneración Macular Asociada á Idade (DEMAE).

A DEMAE é a causa máis común de cegueira legal en persoas de máis de 50 anos nos países occidentais.  É unha enfermidade ocular dexenerativa que afecta a un área da retina chamada mácula, que é a responsable da visión central (visión de detalle) dunha persona, de ahí a gravidade desta enfermidade e, polo tanto, a importancia de realizar esta proba.

Por suposto, esta é só unha das diversas probas que se deben realizar para determinar se tes afectado o teu campo visual e en que grado.  Ademais desta proba deberíase realizar un exame en profundidade do fondo de ollo mediante oftalmoscopio, unha medida da túa P.I.O. (presión intraocular) ou incluso unha campimetría máis extensa.  Recorda que unha das formas de protexer a túa retina e evitar a DEMAE é mediante as Lentes con CSR.

¿COMO O FACEMOS?

Poñémonos as gafas se as precisamos, tapámonos un dos ollos (despois fareémolo co outro ollo) e nos colocamos a unha distancia da pantalla duns 35 cms.  Temos que mirar fixamente ao punto central do test de campo visual.  Entón farémonos as seguintes preguntas:

-¿Consigo ver as catro esquinas do cadrado?

-¿Vense algunas liñas torcidas oo dobradas?

-¿Hai alguhna zona da cuadrícula que desapareza?

Se respostas SI a algunhas destas preguntas, non dubides en poñerte en contacto con nós ou con calquer outro profesional da visión.

Mostrámosche un exemplo de como se podería ver a reixa de Amsler cuhna alteración na retina debida a DMAE:


Esta proba non é diagnóstica e non exime dun exame visual máis extenso.

Tamén te pode interesar: Test de agudeza visual, Test de astigmatismo, Test de daltonismo, Test de visión estereoscópica

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252