Test de astigmatismo

astigmatismo é un defecto visual moito máis común do que a xente cre e con este test de fácil realización pódese determinar se algún dos teus ollos está afectado de astigmatismo.

Este é o test que utilizaremos para realizar esta proba:

Sanluís Óptico © 2012

¿COMO O FACEMOS?

Para realizar a proba debémonos colocar a unha distancia da pantalla o máis lonxana posible.  Tapámonos un dos ollos (despois farémolo co outro ollo) e observamos a figura, chamada “círculo horario” pola súa semellanza cun reloxo.

Se non hai astigmatismo ou se este é moi pequeno, veremos todas as liñas iguais, coa mesma intensidade e coa mesma definición.

Se temos algo de astigmatismo veremos unha ou dúas liñas máis marcadas ou máis definidas e as demais veranse máis borrosas, nas que incluso será difícil distinguir “as tres liñas”.  Canto máis elevado sexa o astigmatismo, mellor se verá esa l.iña marcada e máis borrososas se verán as demais.

Con este test de astigmatismo, que realizamos siempre nos nosos exames visuais, pódese valorar tanto a cantidade como a orientación do astigmatismo.

Por suposto, esta é só unha das probas que se pueden facer para a detección e posterior corrección do astigmatismo.  Ten en conta tamén que posiblemente as condicións nas que realices a proba non sexan as idóneas  aínda que vexas todas as liñas iguais pode ser que teñas astigmatismo e viceversa.

Esta proba non é diagnóstica e non exime dun exame visual máis extenso.

Tamén te pode interesar: Test de agudeza visual, Test de daltonismo, Test de campo visual, Test de visión estereoscópica

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252