Test de agudeza visual

AGUDEZA VISUAL EN VISIÓN PRÓXIMA

Ofrecémoste a posibilidade de realizar unha proba onde poderás cuantificar o nivel da túa agudeza visual de preto, ou sexa, poderás saber canto ves.  Aínda que esta é unha proba que nos interesa realizar a partir dos corenta anos, momento no que comezará a presbicia ou “vista cansa”, cremos interesante incluila en todos os protocolos de graduación que levamos a cabo.

Este é o test que precisamos para realizar esta proba:

 

¿COMO O FACEMOS?

Ao ser unha proba onde cuantificamos a agudeza visual en visión próxima, terémonos que colocar diante da pantalla do ordenador a unha distancia duns 40 cms.

A proba farémola en monocular; ou sexa, evaluaremos primero o ollo dereito, tapándonos coa man o esquerdo e despois farémolo co outro ollo.  Ademais, poderémola realizar tanto con gafas coma sen elas.

O único que debemos facer é intentar ler o texto incluido na imaxe.  A liña máis pequena que consigas ler é a que indica o nivel da túa agudeza visual.  Cada liña correspóndese cun nivel de agudeza visual que ven determinado pola escala da dereita.

Por exemplo, se la liña máis pequena que consegues ler é a que indica 20/40, a túa agudeza visual é do 50%.  Se, por exemplo, a liña que consegues ler é a do 20/20, a túa agudeza será do 100%.

Consideracións:  O test de agudeza visual que aquí incluimos ten unhas proporcións concretas e a proba está optimizada para unha resolución de pantalla de 1280×800 pixeles.  Se a resolución da pantalla do teu dispositivo non é esta, os resultados xa non serían válidos.  Neste caso non te será moi difícil cambiar a resolución da pantalla durante uns instantes para realizar a proba.  Tamén ten en conta a calidade da pantalla que estás a utilizar, porque puede facer que o resultado sexa peor do esperado.

Esta proba non é diagnóstica e non exime dun exame visual máis extenso.

Quizais tamén te pode interesar: Test de astigmatismo, Test de daltonismo, Test de campo visual, Test de visión estereoscópica.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252