Examínate

Esta é unha das seccións máis populares da nosa páxina.  Nela incluimos unha serie de probas ou tests de fácil realización para que podas evaluar, de forma moi sinxela, algúns aspectos importantes da túa visión.

Se non utilizas gafas ou incluso aínda que as uses, estas probas pódente axudar a saber un pouco como está a túa visión.  Poden ser moi útiles para os que pensades que tedes unha “vista de lince”.  Seguro que algúns vos daredes conta de que non é así.

Por suposto, estas probas son só algunhas das que levamos a cabo no gabinete e aínda que as realices todas correctamente non son diagnósticas por si soas.  De feito, hai moitas disfuncións e patoloxías que non se poderían detectar con estas probas, así que … non te fíes e visítanos para realizar un exame visual completo.

Estas son as 5 probas que podes realizar nesta sección:

  1. Medida da agudeza visual
  2. Medida do astigmatismo
  3. Test de daltonismo
  4. Evaluación do teu campo visual
  5. Examen da túa visión estereoscópica

Bueno, xa non tes escusa … examina a túa visión.

Se pensas que esta sección é interesante, non dubides en compartilo cos teus amigos ou familiares.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252