En Sanluís Óptico tratamos de ofrecerche sempre as últimas novidades no sector.  Nesta ocasión falámosche do novo tratamento anti-reflexante para lentesCRIZAL FORTE UV.

Crizal Forte UV é o primeiro tratamento anti-reflexante do mercado que bloquea de forma global os raios ultravioleta, mesmo os reflexados pola lente.  Este novo tratamento sobe a protección fronte aos raios UV das lentes transparentes a un novo nivel, protexendo os ollos fronte aos reflexos UV da superficie externa da lente.

O FACTOR DE PROTECCIÓN SOLAR PARA OS TEUS OLLOS: E-SPF

O Factor de Protección Solar para os ollos é un índice que expresa a protección total que teñen as túas lentes (protección para os teus ollos e a pel do redor).

O E-SPF (“Eye-Sun Protection Factor”) existe tanto en lentes transparentes coma en lentes solares, podendo variar de 2 a un máximo de 25 para lentes transparentes e 50+ para lentes solares.  Ao igual que o índice utilizado para valorar a eficacia dos produtos dermatolóxicos e cremas solares, canto maior sexa o índice mellor é o nivel de protección.

Cun E-SPF de 25, Crizal Forte UV é a única lente que alcanza o máximo nivel de protección na categoría de lentes transparentes e para lentes con color ou polarizadas, o E-SPF alcanza os 50+.

Pero ti preguntarás…¿qué danos me pode producir a radiación ultravioleta?  Pois ímosche dar datos concretos sobre os seus perigos:

-Os raios UV teñen un efecto acumulativo e a miúdo irreversible.

-A parte da pel, o ollo é o órgano que máis probabilidade ten de sufrir danos polos raios UV.

-Cada ano 15 millóns de persoas no mundo quedan cegas por cataratas, das cales o 20% pode ser causada ou agravada polos raios UV.

-O 90% do cancro de pel aparece na zona cara-pescozo e entre un 5% e un 10% ao redor do ollo.

-Acelera o avellentamento da pel e provoca enrugas.

-O 90% do avellentamento prematuro é visible na pel do redor dos ollos.

-O 40% dos raios UV chéganos cando non estamos a plena luz do sol.

-As fontes artificiais de luz (lámpadas fluorescentes e equipos técnicos) producen un 7% de radiación UV.

-Os nenos están máis expostos aos raios UV, porque a súa exposición ao sol é 3 veces superior á dun adulto.

Deixámosche un pequeño vídeo con estas explicacións:

Recorda que xa tes dispoñible este novedoso tratamento en diferentes tipos de lentes na nosa óptica en Bertamiráns.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn