Saúde visual

Problemas coas gafas 3 D

Resultábanos moi interesante facer un pequeno artigo sobre o uso das gafas 3D, debido ao avance desta tecnoloxía nos últimos tempos.  Nunha sociedade coma a nosa onde o ocio con tecnoloxías de proxección 3D cobra tanto interés, faise case imprescincible ter unha visión estereoscópica de calidade.

Primeiro explicámosche de forma rápida en qué consiste a visión en tres dimensións e cómo funcionan as gafas que se utilizan para ver as películas 3D en cines e nos novos televisores 3D.

Visión en tres dimensións:  Nós vemos en tres dimensións, ou sexa, temos visión en relevo ou en profundidade, debido a que vemos con dous ollos.  Un mesmo obxecto  vémolo de forma un pouco diferente cun ollo e co outro.  O cerebro recibe esas dúas imaxes “parecidas” e xúntaas para que se vexan coma unha soa.  Isto axúdanos a calcular as distancias, de aí que tamén a chamemos visión en profundidade ou en relevo.

¿Como funcionan as gafas 3D no cine?  O concepto é similar ao da visión do ser humano.  A imaxe da película está “duplicada” e coas gafas o que se consegue é ver unha das imaxes cun dos ollos e ver a outra imaxe co outro ollo.  Despois, o cerebro fai o seu traballo e funde esas dúas imaxes parecidas coma unha soa.

Para dar a sensación de que un obxecto está máis preto ou máis lonxe, xógase coas distancias entre as dúas imaxes: canta máis distancia hai entre as dúas imaxes, máis cerca nos parecerá que está o obxecto.  ¡Así de fácil!

¿SABÍAS QUE NON TODO O MUNDO PODE VER UNHA PELI EN 3 DIMENSIÓNS?

Calcúlase que ao redor dun 8% da poboación non ten visión estereoscópica, ou sexa, non pode ver en relevo.  Isto pode deberse a estrabismos non diagnosticados, ambliopías (ollo vago), anisometropías (diferenzas grandes de graduación entre ámbolos ollos), etc.  Ademais, unha porcentaxe moi alta destas persoas non o sabe.

É por este motivo polo que hai persoas que anque se poñan unhas gafas 3D, nunca poderán ver no cine unha película en 3 dimensións.  Se tes problemas para ver as películas en 3D no cine ou no televisor, ponte en contacto con nosoutros para realizarche un exame visual completo e poder diagnosticar o teu problema visual.

Se queres completar esta información invitámoste a que visites a sección Test de visión estereoscópica, onde poderás comprobar por ti mesmo o nivel da túa visión estereoscópica.

Antonio M. Sanluís
Óptico-optometrista col. núm. 12989

Se este artigo te resulta interesante, non dubides en compartilo.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Cambios oculares durante o embarazo

Este é un tema sempre interesante pola sensibilidade que desperta en moitas mulleres que están embarazadas ou van estalo.  En Sanluís Óptico recopilamos información precisa para explicarche as posibles alteracións oculares que suceden durante o embarazo.

No embarazo prodúcese un incremento de distintas hormonas que tñeen coma misión garantizar o normal desenvolvemento deste periodo.  Durante o embarazo o corpo da nai sofre moitos cambios e os órganos do corpo vense afectados, incluíndo os ollos.  As embarazadas deben coidarse en xeral e de forma especial a súa visión, sobre todo cando existen problemas oculares previos tales coma: hipertensión, glaucoma ou diabete.  Moitas complicacións poden evitarse se se realiza un bo control.

refracción ocular pode sufrir cambios que se explican porque o índice de refracción e os medios refrinxentes  atópanse alterados, observándose unha variación das dioptrías do ollo.  As mulleres miopes tenden hacia unha meirande  miopía, que se pode explicar por dous motivos: por un lado, a alteración no coláxeno que fai que o globo ocular se expanda e por outro lado, o edema corneal debido á retención de líquidos, que tamén pode producir un aumento da miopía.  Por estes dous motivos non se recomenda a cirurxía refractiva durante este periodo.

Mentres tanto as usuarias de lentillas adoitan notar máis molestias e percibir certa sequedade ocular.  As xestantes afectas de artrite reumatoide ou outras enfermidades do coláxeno poden desenvolver un síndrome de Sjögren no que se produce unha diminución da producción lacrimal, sequedade ocular e, por conseguinte, dano e mesmo perda de células epiteliais.

Nas glaucomatosas apréciase diminución da tensión ocular de 5-7 mmHg no terceiro trimestre do embarazo.

Cando xa existe hipertensión arterial, esta pode agravarse ou mesmo pode instalarse durante este periodo.  A visión borrosa ou tamén dobre e ver manchas no campo visual podería ser sinal de hipertensión durante o embarazo, tamén chamada preeclampsiatoxemia ou hipertensión inducida polo embarazo (HIE).  A HIE  preséntase con meirande frecuencia nas mulleres novas que son primeirizas.  É máis frecuente nos embarazos xemelares, nas mulleres con hipertensión crónica, diabete preexistente e nas mulleres que sufriron HIE nun embarazo anterior.

Os procesos inmunolóxicos do ollo tamén poden sufrir alteracións.  Son varias as patoloxías oculares de orixe inmunolóxico que se agravan nalgunhas embarazadas que sofren neurite ópticamiastenia  graveconxuntivite primaveral,

Cara ao final do embarazo, por agrandamento da glándula hipófise, que controla a secreción do leite materno,  comprímese o quiasma óptico, o cal pode producir diminución da visión lateral e diminución das secrecións do ollo (outra razón de sequedade ocular).  Este cambio é transitorio e, rematada a xestación, as células da hipófise voltan ao seu tamaño normal e o problema desaparece.

Moitos dos problemas oculares que se presentan co embarazo súfreno mulleres diabéticas ou ás que se lles  diagnosticou diabete xestacional.  A visión borrosa pode ser un indicador dos niveis de glucosa elevados.
É importante que se realicen controis periódicos porque en torno a un 30% de diabéticas previas desenvolven a súa retinopatía diabética durante o embarazo.  Sen embargo, a diabete xestacional non se asociou ao desenvolvemento  da retinopatía.

Os cambios na retina poden estar presentes tamén.  Anque os miopes severos teñen sempre máis risco de padecer un desprendemento de retina, durante esta etapa, isto cobra maior importancia, porque os riscos aumentan aínda máis.

En pacientes sen retinopatía diabética ou microaneurismas débese  realizar un exame visual con dilatación no primeiro trimestre e repetilo tan a miúdo coma sexa preciso se existen queixas visuais.  A fotocoagulación debe ser considerada para casos severos e se hai cambios proliferativos.

No embarazo os tumores oculares tamén sofren variación xa que aumentan a súa actividade, agravando o cadro preexistente pois medran de tamaño e aparecen metástases.

Anque hai moitas mulleres que non sofren ningunha destas alteracións, sería moi importante que as embarazadas fixeran controis visuais durante e mesmo despois do embarazo.  Como soemos dicir: máis vale previr que curar.

Referencias:
J.R. Fontenla, J. Folch, A. Guitart, J. Gatell, C. Martin, M. Grau, D. Pita.. Cambios oculares fisiopatológicos durante el embarazo.
http://www.infobae.com/
http://www.saval.cl/ Ciencia y Medicina Curso del glaucoma durante el embarazo.
Chesley. Hipertensión En El Embarazo

Se che resultou interesante este artigo, non dubides en compartilo coas que queren quedar embarazadas ou as que xa o están.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Lentes con filtro CSR

LENTES CON CERTIFICADO DE SEGURIDAD RETINIANA (CSR):

Segundo os últimos estudos/experimentos realizados pola Universidade Complutense de Madrid, demostrouse que a exposición á  luz violeta e azul provoca danos na retina, aumentando a porcentaxe de células retinianas danadas.  O tecido da retina non se rexenera e os danos a nivel interno do globo ocular causados pola fototoxicidade da luz teñen carácter acumulativo (o dano prodúcese durante toda a vida) e poden chegar a provocar Dexeneración Macular Asociada á Idade (DEMAE).  A DEMAE é a causa máis común de cegueira legal en persoas de máis de 50 anos nos países occidentais.

CÁLES SON AS FONTES QUE EMITEN ESTA LUZ AZUL DANIÑA?

Poden ser tanto fontes naturais (luz solar directa e indirecta) coma fontes artificiais: televisores, smartphones, tablets, ordenadores, fluorescentes e luces led.  Imaxínaste cántas horas ao ano pasas vendo o teu teléfono móbil, tableta ou diante do ordenador?

CÓMO PODEMOS EVITAR ESTES DANOS NA RETINA?

Grazas aos lentes con filtro CSR.  Son lentes protectores contra os efectos fototóxicos provocados pola luz sobre a retina.  A finalidade destes lentes é a de bloquear ou filtrar a luz azul daniña e evitar que chegue ata a nosa retina, escapando do consecuente dano celular.  Os lentes con Certificado de Seguridade Retiniana son os únicos do mercado que teñen un fundamento científico demostrado que avala e certifica o seu carácter protector.  Tanto é así que posúen o seu propio Número de Patente Nacional: ES- 2257976 B2.

VANTAXES DOS LENTES CSR.

A aplicación dos lentes CSR fornece dous tipos de protección:

– A curto prazo ou FUNCIONAL, proporcionando inmediatamente unha mellora do contraste, menos fatiga visual e unha mellora da profundidade espacial, ademáis de reducir a sensibilidade ao deslumbramento.  É un lente ideal para todos aqueles que, ben por traballo ou por diversión, pasan horas diante do ordenador, tablets, smartphones,…

– A longo prazo ou ESTRUCTURAL porque absorbe a luz daniña para a retina, reduce o proceso neuro-dexenerativo no sistema visual e protexe a retina da CEGUEIRA EVITABLE.

Resumindo: os lentes CSR diminúen o risco de DMAE por efecto da luz violeta e azul e dos raios UV, á vez que proporcionan unha visión con mellor contraste.

En Sanluís Óptico xa dispoñemos dos lentes oftálmicos con filtro CSR.  Este filtro protector pódese incluir nunha ampla gama de lentes, sempre en material plástico, que abrangue desde os monofocais ata os progresivos e bifocais, todos eles cun prezo moi competitivo.  En función do tipo de protección necesario e tipo de iluminación no que se vaian utilizar,  poderemos ofrecerche 3 tipos de filtros diferentes.

Proba do interés que suscitan estes novas lentes, é a seguinte noticia emitida por un informativo de La Sexta:

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Optometría pediátrica

Poderiamos dicir que a OPTOMETRÍA é unha disciplina científica que prevén, detecta e soluciona problemas visuais, centrando o seu obxectivo en conseguir o máximo rendemento visual coa mínima fatiga.

Dentro desta ciencia, a optometría pediátrica é a que máis nos interesa debido á súa meirande repercusión.  O motivo é que os problemas visuais nun neno van condicionar o seu desenvolvemento e aprendizaxe e acompañarano durante toda a súa vida se non se resolven a tempo.

¿COMO AFECTAN OS PROBLEMAS VISUAIS SE NON SE DETECTAN A TEMPO?

1.  Estéticamente: Por exemplo, por estrabismos (cando o teu fillo vira un ollo) ou nistagmus non tratados.

2.  Dificultade na aprendizaxe, xa que a visión é, quizais, unha das canles máis importantes de entrada de información no neno.

3.  Aparición de ambliopía (ollo vago), que se non se detecta a tempo coa optometría pediátrica será difícil de recuperar.

4.  Perda de visión binocular e estereoscópica, impedindo ver en 3 dimensións.  Isto ten como consecuencia a imposibilidade de conseguir certos traballos, tales coma: condución de camións, autobuses, taxis, ambulancias ou de bombeiros, restrición en permisos de armas (seguridade privada), traballar coma bombeiro, etc.  Ademais, a falta de estereopse dificultará en profesións con gran nivel de responsabilidade ou risco, como poden ser: pilotos de avión ou de navíos, cirurxiáns, controladores de grúas, etc.  Mesmo será imposible realizar tarefas tan comúns hoxe en día como poden ser: o uso de simuladores 3 D, ver películas en 3 D, …

Queremos facer fincapé neste punto xa que nunha sociedade coma a actual, na que tanto a seguridade vial coma o ocio con tecnoloxías de proxección 3D cobran tanto interés, é fundamental a evaluación da visión estereoscópica.

Podes ampliar a información sobre visión binocular e estereoscópica na sección Test de visión estereoscópica e co artigo Problemas coas gafas 3 D.

SIGNOS QUE NOS FARÁN SOSPEITAR DA EXISTENCIA DUN PROBLEMA VISUAL:

Xeralmente os signos aparecerán asociados a tarefas coma escritura e lectura.  Os máis típicos son: virar un ollo ou pechalo, pestanexar en exceso, esbagulleo e ollos encarnados.

Ademais, o neno pode presentar durante a lectura/escritura: dificultade para manter a atención, mover moito a cabeza ou inclinala sobre un ombreiro, pérdese ao ler, necesita un dedo para non perderse, pode confundir palabras e repetir letras, …

SÍNTOMAS TÍPICOS QUE REFIRE O NENO CON PROBLEMA VISUAL:

  1. Cansanzo despois de facer tarefas que necesitan unha atención visual importante.
  2. Picor de ollos cando se realizan tarefas en visión próxima.
  3. Dor de cabeza asociado a esforzo visual.
  4. En ocasións pode referir visión dobre ou borrosa.
  5. Sensación de que as letras se moven cando le.

Antonio M. Sanluís
Óptico-optometrista col. mún. 12989

Se o teu fillo/a presenta algún dos signos e síntomas que che acabamos de amosar, non perdas nin un segundo e tráeo a Sanluís Óptico para facerlle un exame visual completo.  Despois do exame visual, en caso de necesitalo, daráselle solución aos problemas visuaies ou, se fose necesario, derivarase ao especialista que corresponda.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Ergonomía visual

Poderiamos dicir que a ergonomía visual estuda a forma de conquerir a maior comodidade e eficacia dunha persoa cando realiza tarefas que implican unha esixencia visual importante.

¿Por que é tan importante a ergonomía visual?  Porque cada vez sometemos a un maior esforzo ao noso  sistema visual, ben sexa porque agora se estuda máis que hai décadas, porque se traballa máis con pantallas de ordenador ou, por exemplo, porque estamos constantemente utilizando os nosos  teléfonos móbiles e tabletas.

Ímosche dar uns consellos moi útiles que poderás poñer en práctica desde xa para mellorar a túa ergonomía visual:

1.  A ILUMINACIÓN:  Cando traballes sobre papel, é interesante que utilices unha boa luz que te ilumine a zona de traballo, pero sen que te deslumbre.  Desta forma conseguirás ver o texto con maior contraste, facilitándoche a tarefa.  É mellor utilizar unha lámpada ou flexo (colocado de maneira que non te fagas sombra co teu propio brazo) que a luz do teito que terás no teu cuarto.

2.  DISTANCIA DE TRABALLO:  ¡¡Isto é importantísimo na ergonomía visual!!  Debemos evitar o mal costume de achegarnos demasiado ao libro ou á pantalla do ordenador ou tableta.  Ao pegarnos tanto, a nosa acomodación traballa demasiado e isto fará que: nos cansemos antes, nos poida doer máis a cabeza ou provoquemos unha mala visión  lonxana temporal (miopía inducida).  Cando utilicemos ordenador de sobremesa, debemos intentar que a pantalla estea o máis baixa posible, evitando desta maneira unha exposición excesiva da conxuntiva bulbar e a sequedade, mellorando a comodidade.

3.  TEMPO DE TRABALLO:  Cando vaiamos  pasar horas diante dos libros ou as pantallas, debemos descansar cada 30 minutos, mirando o máis lonxe posible durante 1 ou 2 minutos.  Logo continuaremos coa tarefa.  Este breve descanso fará que a túa acomodación se relaxe e evitamos o espasmo acomodativo, que podería producir unha miopía temporal.

4.  POSTURA DE TRABALLO:  Ás  recomendacións de sempre (espalda recta e apoiada no respaldo da cadeira, e pés tocando no chan) debemos engadir unha sumamente interesante, sobre todo cando se estuda sobre papel, que é a utilización de atriles para estudo.  Isto fai que o plano do papel estea perpendicular ao eixe de visión, facilitando o traballo.

5.  UNHA VISIÓN CORRECTA:  Unha boa corrección óptica é indispensable para realizar tarefas de visión próxima de forma cómoda e eficaz.  En moitas ocasións, pequenos astigmatismos ou hipermetropías mal diagnosticadas poden causar moitas molestias que teñen moi fácil solución.

Antonio M. Sanluís
Óptico-optometrista col. mún. 12989

É importante que estes hábitos se tomen a idades moi temperás, por iso non dubides en compartir este pequeno artigo sobre ergonomía visual cos que son papás e con todos os que, por traballo ou estudo, pasan horas traballando a pouca distancia.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Energy, o tratamento para bloquear a luz azul

O TRATAMENTO ANTIRREFLEXANTE MÁIS COMPLETO DO MERCADO

eNERGY” son as primeiras lentes antirreflexantes que che ofrecen a máxima protección frente á radiación infrarroxa, a ultravioleta e tamén da luz azul.

Estudos realizados na Universidade Complutense de Madrid e dirigidos pola Dra. Celia Sánchez Ramos achegan datos moi preocupantes acerca dos danos que se producen na retina debido ás exposicións prolongadas á luz azul e violeta.  Esta fototoxicidade da luz ten un carácter acumulativo e provoca danos nas células da retina que, a longo prazo, pode provocar Dexeneración Macular Asociada á Edade (DEMAE).

Con eNERGY protéxete tanto en exteriores coma en interiores:
-Ollos máis sans
-Mellora o confort visual
-Ollos máis descansados
-Prevé o insomnio por exceso de uso de dispositivos electrónicos

Este tratamento telo dispoñible en todos os tipos de lentes orgánicas, tanto básicas coma reducidas, en lentes progresivas e monofocaies, lentes de stock e fabricación,…

Se és d@s que se pasa moitas horas diante de dispositivos electrónicos: ordenadores, tablets, smartphones,…ésta é a túa lente!

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Gafas de sol en mercadillos

Anque as “bondades” das gafas de sol mercadas nos mercadillos son de sobra para todos coñecidas, ímosche lembrar algúns datos para NUNCA mercar gafas de sol nestes mercadillos ambulantes.

Segundo un estudo da Universidad Complutense de Madrid, máis do 90% das gafas de sol que se venden nos mercadillos e postos ambulantes non cumpren coa normativa europea, son  prexudiciais para a visión e, ademais, non protexen os teus ollos  contra a radiación ultravioleta.

Son moitos os motivos polos que evitar a toda costa o uso destas gafas de sol:

-O primeiro motivo é que moitas delas son falsificacións de marcas coñecidas e por iso non pasan ningún control de calidade.

-A ausencia de calidade óptica das lentes fai que moitas estean afectadas de astigmatismo, polo que as dores de cabeza e mareos son moi habituais.

-A meirande maioría das gafas de sol envolventes ou curvadas que se atopan nestes postos posúen lentes que inducen un efecto prismático, con síntomas como no caso anterior.

-Anque quizais sexa menos importante, polo menos para a saúde dos nosos ollos, lembrámoste que este tipo de gafas non ten ningunha garantía e ningún servizo postventa.

-E por último, pero o máis importante de todo, é que a inmensa maioría das lentes que portan estas gafas de sol non teñen filtro solar para bloquear a radiación ultravioleta.  Ésta é a particularidade máis perigosa deste tipo de gafas e explicámoste o por qué:

A radiación ultravioleta (unha parte dela) é prexudicial para os ollos e pode causar desde queimaduras corneais, pasando por enfermidades da conxuntiva, até as famosas cataratas (opacificación do cristalino).  Cando nos poñemos unhas gafas de sol compradas en óptica, as lentes levan un filtro que impide o paso desta radiación tan nociva, de aí que esteamos protexidos.

O problema xorde cando as gafas non levan este filtro.  Ao poñelas nun día de sol, as pupilas dos nosos ollos automaticamente se dilatan (porque vemos mais escuro) e éntranos aínda máis radiación ultravioleta.  Dito doutro xeito: nun día de sol é mellor non levar gafas de sol que levar unhas das mercadas nos mercadillos, porque ao ir sen gafas a nosa pupila contráese (coma mecanismo de protección) e desta maneira entraranos menos radiación ultravioleta que se leváramos postas esas gafas de sol de mercadillo.

Moitas veces por ignorancia e outras por factores económicos, usamos este tipo de gafas durante anos sen saber que nos están producindo un dano, case sempre irreversible.

Antonio M. Sanluís
Óptico-optometrista col. núm. 12989

Se tes algún amigo/a “fan” deste tipo de gafas ou se cres que o artigo é interesante, non dubides en compartilo.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Visión e conducción

Neste artigo presentámosche algúns datos importantes na relación visión-condución.

É de todos coñecida a importancia de ter unha boa visión para levar a cabo tarefas como a de conducir un vehículo, pero quizais moitas persoas non se decaten dalgúns aspectos de grande importancia.

O CAMPO VISUAL:  Sabías que podes ter unha boa visión (agudeza visual), pero ter un campo visual deficiente?  Hai certas patoloxías, como pode ser o glaucoma, que poden causar unha diminución do campo visual sen necesidade de afectar a túa agudeza visual.  Como é lóxico, se o noso campo visual é deficiente, o risco de padecer un accidente aumenta, porque  perdemos parte do que pasa ao noso redor.  Existen probas específicas, coma a exploración do fondo de ollo ou a campimetría, que poden axudar a diagnosticalo.

A AGUDEZA VISUAL (AV):  É o aspecto máis importante a ter en conta.  Unha mala AV fai que aumente o risco de padecer un accidente, xa que tardaremos máis en ver os sinais e cartaces ou a outros vehículos e peóns.  Polo tanto, se a nosa AV non chega a certos niveis, pódennos poñer algún tipo de restrición no noso permiso de conducir ou, mesmo, poderán retirarnos o carnet de forma permanente.  Polo xeral, co uso de gafas ou lentes de contacto pódese acadar unha boa AV.  Un exame visual completo darache, ademais doutros datos, o nivel da túa AV.

A VISIÓN BINOCULAR:  Imos  supoñer que vemos moi ben de lonxe, pero… estamos vendo cos dous ollos?  Boa pregunta, verdade?  Ao mellor para moitos a resposta é obvia, pero a miña experiencia dime que a ausencia de visión binocular é máis común do que pensamos.  Os motivos: ambliopías (ollo vago) profundas, estrabismos, anisometropías grandes, …   Se só vemos cun ollo (visión monocular) perdemos a percepción das distancias, porque non temos visión en tres dimensións.  Se estamos conducindo un vehículo e non podemos calcular con exactitude a distancia con respecto a outro vehículo, obxecto, peón, etc., a condución será menos segura.  Ademais, ao faltar a visión do outro ollo perdemos boa parte do campo visual.  Coma sempre, cunhas “simples” probas podemos avaliar o nivel da túa visión binocular.

Para completar esta información recoméndoche a lectura de Problemas coas gafas 3D e a sección Test de visión estereoscópica.

OS DESLUMBRAMENTOS:  Este é un problema que afecta a todos, mesmo aos que teñen bo campo visual e boa AV mono e binocular.  Os deslumbramentos fan que perdamos momentaneamente a visión clara das cousas, poñéndonos en situación de perigo.  Poderiamos distinguir dous tipos de deslumbramentos: os directos das luces dos coches durante a noite, por exemplo, e os producidos por reflexos durante o día.

No primeiro grupo habería que avaliar se é un deslumbramento normal ou se poidera ser causa dun problema visual non diagnosticado.

O segundo tipo de deslumbramentos (como poden ser os producidos polo reflexo da estrada mollada, reflexos doutros coches, reflexos do salpicadeiro no vidro dianteiro do teu coche, etc.) pode solucionarse co uso de gafas de sol con lentes polarizadas.  As lentes polarizadas son, hoxe en día, as mellores para a condución diurna, porque minimizan moitos dos reflexos que nos molestan durante a condución, reducindo o deslumbramento, mellorando o contraste e aumentando a nosa seguridade.

Recorda: “Se non ves, non conduzas”.

Antonio M. Sanluís
Óptico-optometrista col. mún. 12989

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252