GAFAS DE PASTA

Seguro que nalguhna ocasión preguntácheste se as tús gafas de pasta rotas se poden arranxar.  É probable que se estás a ler isto, esteas facendo esa pregunta nestes intres.  Bueno, pois a resposta é… SI.  SI se poden arranxar as gafas de pasta rotas.

É preciso facer algunha matización sobre esta afirmación: En realidade non todas as gafas de pasta se poden arranxar, pero nunha porcentaxe moi alta dos casos, si.  A posibilidade de que se poidan arranxar vai depender fundamentalmente do tipo de “pasta” coa que estea fabricada a montura, xa que algúns materiais non permiten arranxo algún.

¿Como o facemos?  ¡Boa pregunta!  Só che podemos dicir que o que nós facemos para arranxar as gafas de pasta rotas non é pegalas con algún tipo de pegamento, senón que as soldamos.  Con este método de arranxo asegurámonos un resultado moi superior ao que se consegue pegándoas con pegamento que, por outro lado, non adoitan resistir o uso normal e soen despegarche ao pouco tempo.

O resultado soe ser bo, tanto en estética coma en resistencia e, dependendo da zona onde rompera e da cor da montura, o resultado pode ser bastante espectacular.

Para que te fagas unha idea, mostrámosche un par de exemplos do que podemos facer polas tús gafas de pasta rotas.  Podes pinchar en cada imaxe para vela ampliada.

Xa sabes, se queres arranxar as túas gafas de pasta rotas, pídenos presuposto.  Poderémoschas enviar a calquera rincón de España.

 

GAFAS DE METAL

Recordámosche que tamén podemos arranxar as monturas metálicas: realizamos soldaduras ás monturas de metal rotas pola ponte, polo aro, polo talón, etc.  Se as tús gafas son de titanio, pídenos presuposto.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn