Novidades do sector

Gafas Julbo

JULBO é unha marca cunha longa historia no sector da óptica deportiva, tanto é así, que se convertiu nunha das marcas de referencia.
O que caracteriza principalmente a esta marca é a calidade e tecnoloxía aplicada ás súas lentes.  Estas lentes de policarbonato son ultralixeiras, case irrompibles e resistentes aos disolventes.  Entre todas as variantes e dependendo das condicións de uso podemos atopar:  lentes fotocromáticas, polarizadas, con tratamentos anti-reflexos, antivaho, tratamentos de espello e hidrófugo.
Podes visualizar todos os modelos de Julbo adulto actualizados simplemente pinchando no siguinte enlace:
 Julbo tambén ten un catálogo júnior específico para coidar dos ollos dos máis pequenos.  Podes visualizalo pinchando no seguinte enlace.
Se estás interesad@ nalgún dos modelos, ponte en contacto con nós para saber prezo e disponibilidade!
Ademais, agora tes unha serie de modelos graduables nun proceso 100% integrado por Julbo. Isto quere dicir que as túas gafas Julbo virán xa montadas coa túa graduación, xa que serán fabricadas en orixe para conseguir un resultado espectacular a nivel de calidade visual e estética. Ponte en contacto para solicitarnos máis info.
FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Protección ultravioleta total

En Sanluís Óptico tratamos de ofrecerche sempre as últimas novidades no sector.  Nesta ocasión falámosche do novo tratamento anti-reflexante para lentesCRIZAL FORTE UV.

Crizal Forte UV é o primeiro tratamento anti-reflexante do mercado que bloquea de forma global os raios ultravioleta, mesmo os reflexados pola lente.  Este novo tratamento sobe a protección fronte aos raios UV das lentes transparentes a un novo nivel, protexendo os ollos fronte aos reflexos UV da superficie externa da lente.

O FACTOR DE PROTECCIÓN SOLAR PARA OS TEUS OLLOS: E-SPF

O Factor de Protección Solar para os ollos é un índice que expresa a protección total que teñen as túas lentes (protección para os teus ollos e a pel do redor).

O E-SPF (“Eye-Sun Protection Factor”) existe tanto en lentes transparentes coma en lentes solares, podendo variar de 2 a un máximo de 25 para lentes transparentes e 50+ para lentes solares.  Ao igual que o índice utilizado para valorar a eficacia dos produtos dermatolóxicos e cremas solares, canto maior sexa o índice mellor é o nivel de protección.

Cun E-SPF de 25, Crizal Forte UV é a única lente que alcanza o máximo nivel de protección na categoría de lentes transparentes e para lentes con color ou polarizadas, o E-SPF alcanza os 50+.

Pero ti preguntarás…¿qué danos me pode producir a radiación ultravioleta?  Pois ímosche dar datos concretos sobre os seus perigos:

-Os raios UV teñen un efecto acumulativo e a miúdo irreversible.

-A parte da pel, o ollo é o órgano que máis probabilidade ten de sufrir danos polos raios UV.

-Cada ano 15 millóns de persoas no mundo quedan cegas por cataratas, das cales o 20% pode ser causada ou agravada polos raios UV.

-O 90% do cancro de pel aparece na zona cara-pescozo e entre un 5% e un 10% ao redor do ollo.

-Acelera o avellentamento da pel e provoca enrugas.

-O 90% do avellentamento prematuro é visible na pel do redor dos ollos.

-O 40% dos raios UV chéganos cando non estamos a plena luz do sol.

-As fontes artificiais de luz (lámpadas fluorescentes e equipos técnicos) producen un 7% de radiación UV.

-Os nenos están máis expostos aos raios UV, porque a súa exposición ao sol é 3 veces superior á dun adulto.

Deixámosche un pequeño vídeo con estas explicacións:

Recorda que xa tes dispoñible este novedoso tratamento en diferentes tipos de lentes na nosa óptica en Bertamiráns.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Lentes Freemax de INDO

Logo FreemaxFreeMax é a tecnoloxía de deseño e fabricación que permite optimizar localmente calqueira zona da lente, obtendo un control total sobre as características tanto a nivel óptico coma xeométrico.

A tecnoloxía FreeMax permite deseñar e fabricar infinidade de deseños de lentes, impensables ata agora, sendo a base sobre a cal se pode individualizar un gran número de solucións e sobre os cales se constrúe a gama exclusiva de máis alto valor de Indo.

Os beneficios que conseguimos con esta tecnoloxía son principalmentes dous:

-Lógranse campos de visión máis amplos

-Optimízanse os espesores da lente

Este tipo de fabricación témola dispoñible en lentes monofocais e en lentes progresivas de distintas gamas.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Gafas de buceo graduadas

Co comezo do bo tempo realizamos máis actividades ao aire libre e non podían ser menos as actividades acuáticas coma o buceo ou submarinismo.

Nesta ocasión propoñémoste, ademais das gafas de natación ou piscina graduadas que xa traballamos, as novas gafas de buceo graduadas.

Conscientes da importancia que ten poder aproveitar todo o que o fondo do mar nos pode proporcionar, cremos interesante dar a coñecer as gafas de buceo graduadas.  Ver ben dentro da auga é importante para poder disfrutar desta actividade acuática, pero ademais é importante para evitar os perigos que pode supoñer o feito de non ver con claridade todo o que che rodea ou incluso aos teus propios compañeiros.  Porque unha imaxe vale máis ca mil palabras…

Somos distribuidores en exclusiva para a zona das gafas de buceo graduadas da marca CRESSI, unha firma ben recoñecida polos amantes do buceo.

Dispós de varios modelos a elixir e de distintas cores.  A montura está fabricada con materiais de primeira calidade y as lentes están fabricados en vidro de alta calidade para evitar a aparición de raiaduras.  En canto ás graduacións, dicir que hai dúas versións: as gafas pregraduadas (para os casos con graduacións máis comúns) e as gafas graduadas a medida (sobre todo para casos de astigmatismos elevados ou graduacións especiais).

Xa non tes excusa para desfrutar do submarinismo, o buceo e o Snorkeling nas mellores condicións, grazas ás gafas de buceo graduadas.

¡¡ Pídenos presuposto sen compromiso !!

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Lentillas multifocais ou progresivas

Nos últimos anos estase a producir un aumento exponencial no uso das lentillas ou lentes de contacto, pero entre este grupo, posiblemente o das lentes de contacto multifocais, tamén chamadas lentillas progresivas, sexa o que experimentou un maior aumento.
O término de “multifocal” fai referencia á propiedade que teñen estas lentes para conseguir varios “focos” ou graduacións para, desta forma, conseguir un bo enfoque a diferentes distancias.

Estas lentes son ideais non só para os teus ratos de ocio, senón para as túas tarefas cotiás.  As lentes de contacto multifocais ou progresivas utilízanse nos casos en que temos algún defecto refractivo de lonxe e, ademais, temos presbicia ou vista cansa.  Isto ocorrerá normalmente a partir dos 40 anos, momento no que a perda de acomodación comeza a facerse manifesta e comezamos a ter problemas para enfocar e ver con claridade os obxectos a distancias curtas.

Las lentillas progresivas ou multifocais que máis se están a adaptar son de materiais brandos e, polo tanto, moi cómodas de levar.  Ademais, se optas polas lentes de contacto desbotables, engadirás á comodidade un plus de saúde e hixiene debido ao seu reemprazo frecuente.

Con estas lentes de contacto multifocais ou lentillas progresivas conseguirás unha boa visión tanto de lonxe coma de preto e poderás “olvidarte” das túas gafas (polo menos durante unhas horas ao día).

Xa sabes que en Sanluís Óptico tes a oportunidade de probar estas lentillas multifocais sen compromiso algún.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Gafas de ciclismo graduadas

Se es d@s que practicas o ciclismo, ben sexa en estrada ou en montaña,  ofrecémosche información sobre as distintas opcións dispoñibles en gafas de ciclismo, tanto graduadas coma sen graduar.

GAFAS DE CICLISMO GRADUADAS: Son gafas con forma envolvente, xeralmente de aro completo.  Seleccionas o modelo que mellor se adapte a ti e nós  encargámonos de poñerlle os cristais graduados.  Polo xeral, os cristais haberá que fabricalos coa mesma curvatura cós lentes orixinais.  Poderás elixir entre distintas modalidades para os teus lentes: polarizados, anti-reflexantes, anti-raiados, espellados,…  Se xa tes gafas de ciclismo, pódelas traer e nós graduámoschas.

Aínda que existen moitas marcas de gafas de ciclismo, poderiamos destacar as Gafas de ciclismo Spiuk.  Se pinchas sobre o arquivo atoparás directamente o catálogo de gafas desta marca:

GAFAS DE CICLISMO CON SUPLEMENTO: Trátase dunhas gafas de ciclismo con lentes intercambiables e graduables mediante clip interno.  A gafa leva dous xogos de lentes: un xogo de lentes escuras (filtro categoría 3 con tratamento espellado) e outro de lentes fotocromáticas e con tratamento anti-vaho ou anti-empañamento.  Pola parte interna da gafa insértase un clip graduable (que queda agochado) onde se poñen os teus cristais graduados.  Esta é a opción ideal para aqueles casos nos que a graduación é bastante elevada e non serve a montaxe convencional.  Na imaxe presentámosche unha cor, pero haino dispoñible noutras cores.  Tamén debes saber que se nalgún momento a queres utilizar sen o clip graduable, simplemente telo que quitar e listo.

Gafas de ciclismo graduables Mox RX

GAFAS DE CICLISMO SEN GRADUACIÓN: No caso de que non necesites graduación tes ao teu dispor na nosa óptica, entre outras opcións, unhas gafas de ciclismo con dous xogos de lentes intercambiables: un de lentes escuras (filtro categoría 3 con tratamento espellado) e outro de lentes fotocromáticas e con tratamento anti-empañamento.  Estas últimas son excelentes, xa que se escurecen en función da intensidade de luz e levan un tratamento que evita o empañamento das lentes debido á transpiración durante o exercicio físico.  Este modelo, ao igual que no caso anterior, pódese graduar mediante o clip interno correspondente e ademais telo dispoñible noutras cores.

Mox Gear

Aínda que che presentamos todas estas gafas coma específicas para ciclismo, deberías saber que tamén son válidas para a práctica doutros deportes como poden ser: o atletismo, o tenis, o pádel, etc.

Quizais che interese visitar: Gafas deportivas graduadas
FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Lentillas de fantasía

Ademais das lentillas de cor típicas (verdes, azuis, marróns, grises, etc.) para cambiar a cor e o tono dos teus ollos, nos últimos anos está aumentando o uso das  lentillas de cor de fantasía.

Estas lentillas úsanse polo miúdo para conseguir un look rompedor que non deixará indiferente a ninguén.  As lentillas de fantasía son ideais para o entroido, as túas festas de disfraces, unha despedida de solteir@, unha noite de Halloween ou, por exemplo, a noite de fin de ano.

Ademais das lentillas brancas, lentillas vermellas ou as lentillas de ollo de gato, podes atopar outros deseños que seguro che van sorprender.  E se ti es dos que levan gafas ou lentillas graduadas, tamén dispós deste tipo de lentes de contacto mesmo con graduación para as túas  ocasións especiais.

Non esquezas que as lentes de contacto son un producto sanitario, polo que as lentillas de fantasía só se deben mercar en establecimentos ópticos e para darche máis facilidades e seguridade, en Sanluís Óptico  ofrecémosche a posibilidade de probar diferentes tipos de lentillas e ver cál é a que máis che gusta e mellor se adapta ás túas necesidades.

¡¡ A QUE ESPERAS PARA DEIXAR A TODOS COA BOCA ABERTA !!

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Gafas de tenis e pádel graduadas

O tenis é un deporte moi practicado no noso país, pero nos últimos anos, sen dúbida, o pádel é o deporte que se puxo de moda.

Ámbolos son deportes que se xogan cuhna pelota que pode circular a grandes velocidades, de aí o risco de dano ocular que entraña esta práctica deportiva, tanto na idade adulta coma nos nenos.

Neste artigo presentámosvos as gafas de protección deportiva para tenis e pádel, tanto graduadas coma sen graduación.

Coma noutros deportes, xa sexa o fútbol, baloncesto, ciclismo, … a protección faise indispensable, xa que os danos producidos polo impacto dunha pelota no ollo poden ser moi graves: inflamacións intraoculares, desprendemento de retina, úlceras corneais, uveítes, dilatación pupilar crónica, glaucoma, etc.

As gafas de tenis e pádel graduadas que te propoñemos reducirán o risco de lesións graves durante a práctica do deporte, evitando o golpe directo da pelota sobre a superficie ocular.

Estas gafas de protección graduables están indicadas para diversos deportes, non só para a práctica dos deportes de raqueta.  Están fabricadas en policarbonato de alta calidade, con proteccións antialérxicas na zona nasal e laterais.  Dispoñen de patiñas flexibles e antideslizantes.  Ademais, inclúen unha cinta de neopreno con velcro axustable e lavable.  Están dispoñibles en tres tallas: grande, mediana e pequena, e varias cores: vermello, negro, gris e azul.

Coma sempre, se estás interesad@ en recibir máis información, non tes máis que poñerte en contacto con nosoutros ou vir visitarnos.
Quizáis te poida interesar ler as seccións de Gafas de ciclismo graduadasGafas deportivas graduadas.
FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More

Gafas de ciclismo Spiuk

Presentámosche unha das marcas máis destacadas do momento e máis coñecidas polos amantes do ciclismo: as gafas de ciclismo SPIUK.

As gafas de ciclismo Spiuk xuntan calidade e prezo, porén Spiuk posicionouse coma unha marca de referencia e primeira opción nas distintas modalidades de ciclismo en máis de 20 países.  As gafas de ciclismo Spiuk caracterízanse por seren liviáns, pola súa estabilidade e pola súa comodidade; ademais, a enorme cantidade de lentes e cores dispoñibles fanas axeitadas para calquera tipo de especialidade e momento.

Pasamos a enumerar as características principais  destas gafas:

-Xeometría envolvente con grande superficie de protección.

-Deseño ergonómico, lixeiro e moi actual.

-Lentes de policarbonato inastillable e moi resistente ao impacto.

-Fabricadas en Grilamid TR90, un material moi resistente, flexible e lixeiro.

-Terminais antideslizantes de goma para unha meirande comodidade.

-Versións con lentes fotocromáticas, polarizadas e graduables.

 

Podes acceder ao catálogo pinchando aquí.

PEDIDOS SPIUK:

Podes mercar calquera modelo dispoñible no catálogo actual.  Para ilo só tes que poñerte en contacto connosco;  asesorámoste, resolveremos calquera dúbida que te poida xurdir e darémosche o presuposto do modelo que precises.

Debes saber tamén que enviamos pedidos a toda España.  Aínda que che enviemos as gafas, recorda que contas coas mesmas garantías que se as adquiriras directamente na nosa óptica.

FacebookWhatsAppTwitterGoogle+LinkedIn
Read More
Datos de la óptica

SANLUÍS ÓPTICO
Entrerríos, nº8 Baixo
15220 Bertamiráns (A Coruña)
España

Teléfono: 981 88 45 41
WhatsApp: 610 07 47 26

e-mail: sanluisoptico@yahoo.es

Dónde estamos
Formulario de Contacto
  • Sanluis Óptico © 2015
  • Registros sanitarios: E-15-000155 y E-15-001252